SeMPRe eN GaLiZa
quen posúe o repertorio amado,
o sentimento e corazón,
e de contido propio e forma única,
con palabras creadas para nomear,
as máis populares e por tal, auténticas,
todas necesarias.
Quixen se-lo cantor da aldea,
porque creo nela,
creadora...
(M. Daniel Varela Buxán "O patriarca do teatro galego")
Cando era neno tiña presa por saber que había detrás dos montes de Rebordaos.
Desde que subira soíño pola currupiña até o cume do Pereiro, ou mesmo desde que fóramos a festa de Circes e cruzara por primeira vez o Río Ulla polo pozo de Louridao, naquela barca cadrada que manexaba o muñeiro tirando dunha corda atada no outra beira do río... sentín que o mundo era moito máis grande do que sempre soñara.
Agora, mentras me dispoño a escribir aquelo que en baixo pensa a minha conciencia, doume conta de que ó decirlle adeus a Dorvisou, na procura doutros lares, non foi máis que subir acima dun carballo da capilla para ve-la aldea, que está feita do pano do que se tecen os sonos, desde o ceu.
¡Vou mirala febre, non sexa o perello...!
8 comentarios
dorvisou -
Mira madfaldiña, a min dixéronme cousas moi bonitas pero aínda falta que me chamen guapo dúas veces seguidas...jeje
Bicos tan largos como unha autopista.
mad -
Beixos, lambón
E ti tamén quedas ben nas fotos, ¿por qué será?
dorvisou -
Mais a ti e a peke aconsellaríalles levalo termómetro no peto porque arrebatos desos teñen cada día.
Moitos biquiños.
caladinha -
peke -
dorvisou -
Si, posiblemente sexa esta a máis dura das realidades. Graciñas muralla.
Perdoa peke e que contigo nunca non sei cando teño que rir ou chorar.
Bicos a granel.
peke -
muralla -
O pior é que xa non sabriamos vivir outra vez nela.
Bicos. Muralla.