Autor: mad
Pasé a ver cómo estabas. Veo que entretenido...
Moitos beixos dos nosos
Fecha: 15/03/2005 00:34.
Autor: dorvisou
Eso é, entretenido.
Gracias por ser como eres. Ti ben sabes que o noso é un amor correspondido...jeje
Fecha: 15/03/2005 00:41.

Autor: peke
Acabas de arrincarme un sorriso. Eu resistinme con unllas e dentes a comprar un ordenador. Escribir a man con pluma -teño unha boa colección- era para min o normal e desexable. ¿Que era iso de escribir sen borranchos? Non me entraba na cabeza.
Cando rematei Xenoveva tiña o nervio do brazo inflamado, unha tendinite no matapiollos e dor rabiosa en todos os músculos. Quedoume unha lesión permanente e non tiven outra que comprar o ordenador. Escribir perdera poesía -iso coidaba-, pero era máis cómodo. Hoxe non podería pasar sen el. A ti xa che está empezando a ocorrer. :)
Fecha: 15/03/2005 15:56.
Autor: Óscar H.
¡Que ben! Ese sorriso gardareino nun CD.
Eu primeiro retrato nun folio calquera os soños que dou caza; logo van ó pergamiño dixital, onde dou as últimas puntadas.
¿Remataches Xenoveva? ¿As ás de Xenoveva?
Fecha: 15/03/2005 21:28.
Autor: dorvisou
Agradecido Óscar. Fago o que podo. Posiblemente seríame mellor facer un fotoblog e deixar de darlle patadas ó diccionario. Pero quero aprender de todos vos un pouco para mellorar e poder escribir en galego.
Peke, as novas tecnoloxías están o servizo do home. Aproveitémolas. Eu cada vez que vexo os aparatiños dos que fai uso o meu fillo sinto verdadeira curiosidade por saber como funcionan. Só me desanimo cando, con cuarenta e un anos, me di que xa estou vexo para esas cousas. Eu sempre lle respondo que entón el é moi xoven para outras.
¡Ay, que dor máis grande!
Fecha: 16/03/2005 03:00.

Autor: peke
O teu fillo amosa a soberbia de todos os adolescentes. Nunca se é vello para aprender cando hai ganas. Dille iso, anda, e tápalle a boca.
Fecha: 16/03/2005 12:45.

Autor: peke
Si, Óscar, As ás de Xenoveva, hai xa unha boa morea de anos. Desde aquela non podo escribir a man máis de tres liñas seguidas, pero pagou a pena.
Fecha: 16/03/2005 12:48.

Autor: machi
Pois eu teño que confesar que estou enganchada á dixital, vai conmigo a todas partes coma se fora o meu canciño, así deste xeito, aínda que pareza unha bobada inmortalizas momentos e lugares que doutro xeito seria impensable, as veces as tecnoloxías son positivas...
Fecha: 16/03/2005 17:54.

Autor: muralla
Sólo podo decir o de sempre: Eres un maestro que me deixa ca boca aberta...
Paquiño, acabo de chegar a nosa terra!!!!
Bicos e apertas. Muralla.
Fecha: 16/03/2005 23:07.
Autor: dorvisou
Peke, o meu fillo xa se decata de moitas cousas anque moitas veces faise o remolón.
Machi, se algún día esquences de levala ten por seguro que perderás de facer as mellores fotos. Sempre me pasa que ese día hai unha posta de sol maravillosa ou as margaridas abríronse todas nesa tarde para min.
Non muralla, non son maestro de nada, sempre intentarei ser un aprendiz da vida.
Espero que podas gozar de toda esa máxia da nosa terra. Estou seguro que a ela, a nosa terra, non lle será indiferente a túa presenza.
Un bico moi grande.
Fecha: 18/03/2005 03:21.