iNTeGRaCióN

20051119112551-autoretrato-1.jpg
(Fagan o favor, piquen no enlace e comproben cos seus ollos as sete diferencias)
 
O ESPELLO
Un home espantoso entra e mírase no espello.

—¿Por que se mira vostede no espello, pois que non pode verse a si mesmo sen desagrado?

O home espantoso respóndeme:

—Señor, segundo os inmortais principios do 89, tódolos homes teñen iguais dereitos; xa que logo, posúo o dereito de mirarme; con agrado ou desagrado, iso non atinxe máis que á miña conciencia.

En nome do sentido común, seguramente tiña eu razón; pero, desde o punto de vista da lei, el non ía trabucado.( Xela Arias )

Bueno, eu como o R. Madrí, nen tanto como dicen "algunhas" nen tampouco como dín "algúns"...o que si é verdade é que me amparo tamén nos principios do 89.



19/11/2005 10:51

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Anxo

Paco paquillo, a verda e que o tempo pasa para todos, se me viras a min.....Pero eu sigo vendo unhos ollos de un neno traveso de Dorvisou. Unha perta do teu amigo.

Fecha: 19/11/2005 16:11.


gravatar.com
Autor: peke

Coma os bos viños gañaches co tempo.

Fecha: 20/11/2005 14:59.


gravatar.com
Autor: acedre

Envellecemos co tempo e non e tan malo...se consideramos a opcion que nos queda.

Fecha: 20/11/2005 17:54.



Autor: Paco Penas

¡eiiii..anxo da garda! ese neno traveso non se perde, o que pasa é que agora case sempre está dormido.
Espero que podamos vernos prontiño.

Fecha: 20/11/2005 18:43.



Autor: Paco Penas

Gañei peke, gañei uns cantos kilos e canas. Sempre digo que vivo na millor das idades posibles, Seguireino a dicir mentras viva. Grazas polo aloumiño.

Fecha: 20/11/2005 18:47.



Autor: Paco Penas

Mais que resiñación o que fai falla é moito amor propio. Aos cuarenta empezo a entender moitas cousas, empezo a vivir moitas cousas...
Saúde Pedro.

Fecha: 20/11/2005 18:54.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]