
Foi nese momento no que nin estas dormido nin esperto, no que non tes os ollos nen abertos nin pechados...
nese momento no que regresas do sono ou do soño sin ter aínda conciencia da realidade,
cando escoitei berrar a minha cativa que alguén había entrado pola noite na casa...
Levánteime coma un lóstrego e deseguida me dei conta que fora para deixar agasallos, que non roubaran nada.
Que desta vez foran os reis, os reis Magos...
Autor: SZ
Nese estado crepuscular que tan ben describes, pensei que me traería Blogomillo hoxe.
A túa foto do reloxo coa leontina sobre un soporte con publicidade, un conxunto moi suxerinte, é un agasallo.
:)
Fecha: 06/01/2006 13:51.

Autor: pepe penas
Sempre me gustaron isos reloxos atados con unha cadea. Lembrome da fachenda coa que o meu avó quitaba o seu do peto cando alguén lle preguntaba que hora era.
Fecha: 07/01/2006 13:16.

Autor: acedre
Tiveron bo gusto os Reis co teu agasallo. Suponho que o merecias. O amigo Pepe ten razon: da un aire senhorial tirar da leontina un reloxio para consultar a hora.
A ultima imaxe que lembro foi a pelicula Titanic con Leonardo DiCaprio nunha das tropecentas reposicions da pelicula que volvin ver un dia chuvinhento pola Florida. Na pelicula sae a imaxe onde o enxenheiro do Titanic consulta a hora no seu reloxio parecido ao teu mentres o barco afunde. Imaxe da tranquilidade ante un feito inevitable.
Saudos dende a terra republicana sen Reis.
Fecha: 07/01/2006 14:57.
Autor: running
Só é un medidor do Tempo. Pero o Tempo non se mide porque El é todo e tolo. O Tempo é o Creador. ¿Qué é antes no Tempo, os Reises ou o Nadal?
Desde esta Galizasodoma, bon ano.
Fecha: 07/01/2006 19:35.
Autor: Paco Penas
Fai uns sete anos o meu fillo pediulle os reis unha irmá e a finais de xaneiro a minha compañeira sorprendeume cando me dixo: ¿sabes?, estou embarazada.
Agora, nesta casa, sempre temos moito coidado co que lle pedimos os reis.
Eu,non fun malo...e o agasallo gustoume moitisimo.
Fecha: 08/01/2006 23:08.
Autor: Paco Penas
Running, meu irmán... o tempo e o atallo dun suspiro.
Alégrome moito da túa visita. Eu si lle pidiría un blog teu os reises, !anímate, lobo estepario!
Fecha: 08/01/2006 23:19.