
Hoxe escoitei dicir que cada inmigrante chega a pagar entre setecentos e mil euros por unha viaxe cara a ningures,
coa condición de que se fosen repatriados se lles devolvería a mitade dos cartos.
Hoxe escoitei dicir que os inmigrantes cando teñen frio van
os abrigos ,
Hoxe escoitei falar o povo dos Cristianos na boca dos entendidos.
O que está claro e que ninguén quere mollarse e atallalo problema alí onde escomenza,
desenmascarando o engano e a mentira, consentida polos políticos e artellada polas mafias

Autor: paideleo
A xente inventa chistes a costa das desgracias alleas e é unha pena. Onte mesmo sentín chamar negroides ós inmigrantes dos caiucos e pateiras
Enfin...
Fecha: 12/09/2006 18:59.
Autor: Paco Penas
O humor nestes casos sempre cheira a racismo.
O porto Dos Cristianos é o centro de reunión duns cantos xubilados que tampouco teñen outra cousa máis que facer que pasalo tempo e as perlas que recollo das suas verbas son do máis variopinto.
Fecha: 12/09/2006 19:17.

Autor: peke
A foto, coma sempre, impresionante. O dos inmigrantes ilegais é un problema de moi difícil solución. O ideal sería que tivesen algún futuro na súa terra. Pero así son as cousas.
Fecha: 14/09/2006 16:16.
Autor: Paco Penas
Graciñas polo que me toca , peke.
A inmigración sempre conleva certa dose de fustración e desarraigo pero o que ocorre con esta xente é inhumano porque veñen con unhas perspectivas que non teñen nada que ver coa realidade que se atopan.
Fecha: 15/09/2006 19:32.