Que felíz fun naquel día no que o meu amigo Marco de Forzans, me troxo un fermoso ramo de toxos dos montes de Garachico.
E que é moi triste sentir como pasan os días sen ver unha triste silveira :-)

Autor: Checha
E qué dicir de aqueles tempos na casa de Mosteiro nas Cruces botandolle Vinagre ás pernas por culpa de andarmos entre as silvas e ortigas...
Fecha: 01/03/2007 15:47.

Autor: NInsesabe
Xa ves o que son as cousas, sejuramente nunca pensaches botar tanto de menos ás humildes silveiras...
¿Así que tamén hai toxos nas Canarias?
Bonita foto, coma sempre
Fecha: 01/03/2007 18:48.
Autor: Paco Penas
Apoloxía da morriña, que case mata tanto como outras.
Checha, os rapaces das aldeas xa estábamos inmunizados contra deses males, as ortigas tíñannos medo...
Ninsesabe, as cousas que temos en Canarias, ninsesabe :-)
Un intenta disfrutar do que ten. De feito fai este mes quince anos que cheguei a illa e xa me están a sair canas, penso que o pior xa pasou, jeje
Fecha: 02/03/2007 11:19.
Autor: beatriz
eu si sabía que había xestas pola illa, pero non toxos... cando ande polos montes de por aquí irei con moito ollo...
bicos
Fecha: 02/03/2007 14:30.

Autor: pepe penas
Agora xa podes comprar un paxaro, pechas os ollos e semella que estas en Dorvisou.
Lembraste daquelo que di?:
O paxaro cando chove
opaxaro cando chove
mete o rabo
na silveira.
Fecha: 02/03/2007 19:08.
Autor: Paco Penas
Eu tamén, paideleo. De feito, un dos meus vicios é irme perder polos montes da Esperanza.
Rifenha, o noso amigo Pepe Penas diría...atlánticos e arrieiros :-)
Fecha: 04/03/2007 12:48.
Autor: Paco Penas
Batriz, os microclimas da illa favorecen esta diversidade...Tamén contan os entendidos que a finales do século que vivimos daránse os cactus e as palmeras na nosa terra :-)
Fecha: 04/03/2007 12:53.
Autor: Paco Penas
Meu Pepiño, esa canción escoiteille por primeira vez cantarlla a minha nai aos seus netos. Deseguro que xa ma cantara a min antes, pero eu empecei a escoitar a minha nai moi tarde, jeje
Fecha: 04/03/2007 12:55.