Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”.
Unha das minhas curiosidades cada vez que "inicio sesión" é darlle un repaso as novas que aparecen nos meus favoritos de google, e hoxe chamoume moito a atención este artigo de Barrapunto
¿ Poderían ser os móbiles a causa do mal das abellas? . Coñecidos eran
outros problemas que afectan ao reino destes pequenos e interesantes insectos e que deberían poñernos en alerta aos humanos pero de aí, a que os móbiles tamén teñan culpa dese desacougo das abellas, non deixa de ser preocupante e máis tendo en conta a sua importancia
polinizadora en moitas especies vexetais que nos sirven de alimentos.
O meu interese pola apicultura ven dun cursiño ao que asistin fai moitos anos, impartido por
Suso Asorey , un home dos que máis sabe do mundo das abellas na Galiza e que me contaxiou paixón por esta fermosa comunidade...
Pois xa sabedes, un motivo máis para negarse, coma min, a levar un móbil.

Autor: Robert
Ola! un blog realmente interesante e orixinal.Visitareiche de novo.
Saúdos ;0)
Robert
Fecha: 16/04/2007 01:53.
Autor: Paco Penas
Home, interesante, o que se di interesante...
Graciñas pola visita e agradecido polos aloumiños :-)
Fecha: 16/04/2007 02:46.

Autor: Manuel Busto
Estimado Paco: A ver se hoxe consigo que che chegue este comentario. Intenteino outro día e non o conseguín. Alédome de te saudar e coñecer. Gracias polos teus comentarios e aportacións.Dígoche que o río da túa primeira troita era o Ulla, que pasa polo fondo do Seixo buscando Agra e Brocos.
O mundo das abellas é certamente interesante e o problema da súa desaparición desde logo que preocupa. Eu non sabía que os móbiles puideran estar a ocasionar problemas coas abellas. Todo é posible. Debérase estudar ben e buscarlle remedios. ¿Suso Asorey é o do Enredo do Abelleiro?
Unha aperta desde Agolada ata esas Illas Afortunadas que te acollen.
Manuel Busto
Fecha: 16/04/2007 21:12.
Autor: Paco Penas
Manuel, pois sería o Ulla. O río da minha vida e do que escapei vivo de milagre unha tarde do Domingo, cando fomos eu mailo meu irmao ás anguías e abríndonse as comportas da presa, case nos leva río abaixo. Dorvisou é unha aldea da parroquia de Santomé de Insua preto do encoro de Portodemouros.
Suso Asorey, biólogo, coido que naceu en Loño, parroquia do concello de Vila de Cruces e vive en Santiago. O señor que fundou o enredo do abelleiro chámase Isidro e vive nuha casiña daquelas que se construiron cando se fixo ese monstruo de encoro de Portodemouros.
Unha aperta e espero poder conversar contigo neste vindeiro verán por terras da Golada.
Fecha: 17/04/2007 03:37.

Autor: muralla
O outo dia, volvendo de Orense pola carretera de Santiago, decialle o Andrés que ti eras de por ali, das terras do Ulla. Ahora xa o sei e digo tamén que a ver si nos vemos no verán.
Interesante o das abellas. Coido que cos móviles todo é posible.
Bicos.
Fecha: 17/04/2007 08:35.

Autor: Sergio Vargas
A donde vamos a ir a parar...en mi caso he convertido mi movil en un fijo que hace las veces de despertador ,y siempre me lo dejo en la mesilla(no es a proposito es que soy muuy despistao...)bendito despiste!
Saludos amigo!
Fecha: 17/04/2007 09:39.

Autor: Ninsesabe
Dos pesticidas xa sabía aljo, aínda o outro día escoitei un reportaxe interesante. Creo que en Córdoba están a usar abellas para medir a contaminación.
Agora en "serio", xa desconfiaba eu que o feito de apelidarme Abella tiña o seu aquel, pero Einstein confirmoumo: síntome importante.
Fecha: 17/04/2007 12:12.

Autor: Mercedes Seixo
Eu e as abellas non nos levamos moi ben, por iso das alerxias...escapolle en canto as vexo porque como me piquen malo. pero si que coñezo da súa importancia e Einstein ten moita razón, tiven a oportunidade de entrevistar a Suso Asorey nas Quimbambas e diso me falou. Ademais meu pai sempre tivo algunha colmea e el entende de apicultura.
Por outra parte o Enredo do Abelleiro (o Museo Vivente do Mel) é un lugar moi interesante para visitar e que aconsello. Un biko Paco
Fecha: 17/04/2007 13:35.

Autor: peke
Hai moita lenda urbana sobre os efectos dos móbiles. Estudios serios que o demostren non coñezo ningún.
Fecha: 19/04/2007 11:47.
Autor: Paco Penas
Moitas gracias a todos pola visita e polos comentarios. Nestes días ando un pouco liado e desaparecido en combate...espero que pronto poda recuperar a tranquilidade e disfrutar de máis tempo libre.
Fecha: 19/04/2007 12:30.