Hai despertares que non cantaba o rei David. Son despertares nos que parece que voa un gato negro polo horizonte que non o difumina nen un par de alka-seltzers. A vida é dura mais un debe seguir posteando. En fin...¡Se a vida che da limóns, faite unha limonada!
A receta da brevaxe só é para os máis avezados(léase adiantados). Nun vaso poñer xelo picado,anacos de limón, sucre de caña, augardente da SOGRA e remover-machacar todo con moito humor. ¡Con mesura mata os xermes, quenta a barriga e fai o home máis potente e valente! En desmesura..."nen macordo". ¡Viva a caipiriña galega!
1 comentario
dorvisou -
Nun vaso poñer xelo picado,anacos de limón, sucre de caña, augardente da SOGRA e remover-machacar todo con moito humor.
¡Con mesura mata os xermes,
quenta a barriga e fai o home máis potente e valente!
En desmesura..."nen macordo".
¡Viva a caipiriña galega!