Blogia
DoRViSou

aRTe NaiF Na MaDaNeLa...

Cume da Madanela
 
 
Desde o cume da Madanela (650 m.) pódense ollar, nos días de boa visibilidade, ata 50 km. arredonda. Xunto do monte do Carrio é Unha das máis fermosas estampas da Galicia do interior. A Madanela atópase na parroquia de Carbia e chegase a ela desde a carretera que vai de Vila De Cruces a Pontelesdesma, dous km. despois do observatorio da Zarragrande.
Nesta foto tan mala que deixo hoxe, destaca o cruceiro "naif" cos nenos que xa non son tan nenos e a  singular capela feita nunha iniciativa dos mozos de Carbia, que como dunha oferta promocional de 3x1 se tratase, nos ofrece un lugar para o culto, un mirador contraincendios e tamén sirve de referencia como vértice xeodésico.
Armando Vázquez Crespo, recórdanos nun libriño adicado as terras de Carbia, que as lendas contan que xa os monxes de Carboeiro viñan de tarde en tarde a dicir misa a unha capela que había antigamente e que, como non debían de vir de moi boas ganas pola lonxanía do camiño, aproveitaron ao romper unha pata a mula que traía ao abade, para deixar de complacer aos devotos de Santa Magdalena e abandonando así a capela que rematou polo chan
Ah, a romeria vense celebrando no mes de Xullo, o domingo máis próximo ao 22,...por se alguén quere disfrutar do folckore de alturas
Eu, tampouco poderei ir este ano porque sempre me toca retornar a estas queridas Illas, nas víspras das festas :-)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

Paco Penas -

Roci, unha das millores vistas de Circes é a do coto, tiña fotos pero non sei por onde estaran...e dos nenos, lei da vida, sábelo ben ti :-)
Bicos de todos.

Roci -

Bonita foto, a verda e que si que ten moi boas vistas, pero como ti dis eses nenos agora teñen pouco de nenos e o mais novo debe ser uxio,e xa non ten nada de neno. bueno saudos a todos e moitos bicos

Paco Penas -

Amigo Pepe, intentarei subir outra vez nestas vacacións e facer novas fotos...máis non sei de onde vou sacar folgos para facer tantas cousas en tan pouco tempo :-)

Beatriz, jeje...pero non me dirás que non é orixinal a nova construción?

Beatriz -

ai!!!, pobre mula.... non habería mellor xeito de deixar de dar misa...

pepe penas -

E unha vergoña, pero non sabía que fixeran unha capela na Madanela. De neno teño oido moitos contos de luces que ián pola noite dende alí ata San Gregorio. Eu nonos vin nunca, pero tamén dicían que ainda había restos da antiga capela.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres