Blogia
DoRViSou

SeNTiR é ViViR...

A Palma 217-1
Se fose candidato a alcaldía nestas eleccións contaríalle ao meu povo un conto...que había unha vez un povo con grandes alamedas con rosas, camelias e moitas fontes onde a xente paseaba e os rapaces brincaban pola tarde...un povo con prazas e árvores onde a xente se sentaba e parolaba das suas cousas, sen presas, con acougo...
Que había unha vez, fai moito tempo, un povo onde ser feliz non era un conto...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

10 comentarios

Paco Penas -

Esa foto é unha estampa da Palma. Unha illa encantadora e diferente.
Nestes días ando un pouco liado. Certos compromisos téñenme secuestrado e non perderme polo blogomillo como sempre o fago.
Moitos bicos e apertas para todos.

susolista -

Pra ver a felicidade, non tes mais ca ver a cara dos dous Leos, pai e fillo. Contar contos está ben. Bicos

Gloria -

Bonito cuento. Eso es La Palma?... pues el sombrero del señor es como menorquín... Y quién te dice a ti que esas personas no se estan contando sus
infidelidades... perdón, infelicidades?...

Saludos desde Barcelona.

Ninsesabe -

Pois eu non.
Que daquela non podería atender ó blog, e quedaría sen disfrutar estas fotos tan cheas de encanto.

paideleo -

Eu votaría por ti.

Marinha de Allegue -

Sentir e vivir, dous verbos da 3ª conxugación imprescindibles...

Unha aperta grande.
:)

Beatriz -

a palma é un lugar incrible. das que coñezo das canarias é a que máis me gusta, aínda que hierro por aí anda. algún cachiño de especial felicidade se me filtrou dende a cerna da palma: días intensos, bonitos, de descubertas e o acougo do tempo e das xentes do lugar. por certo, as mellores laranxas que comín na miña vida son palmeiras. recoméndovolas.

Paco Penas -

Así tamén podemos valoralos máis, querida peke. A felicidade asemellase moito a esa raiola de sol que sae despois de chover e fai brilar tódalas cousas con máis nitedez :-)

Amigo Pepe de cándido, a verdade é que estamos en víspras de eleccións e todos se adican a contarnos, outra vez máis, o conto da boa pipa.
Aburren a mansalva.
Apertas e bicos sen condicións.

pepe penas -

Agora que están de moda as preguntas semellantes a esta: "Mi pregunta señor..."
eu preguntarialle a ese alcalde:
¿Señor canto lle custou o libro onde viña ese conto?

peke -

A felicidade nunca é permanente; hai momentos felices, pero máis nada.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres