Como o desafío de PHoToFRiDaY esta semana é a palabra oddity (singularidade, rareza...) e xa sabemos que o reino animal está cheo de particularidades, ímolles rendir tributo a unha das avis-máis- raris do planeta terra. A eses filántropos soñadores que nos deleitan con xardíns de volvoretas. A eses artistas bohemios que dende o seu paraiso difuminan fronteiras para construir cidades da cultura no cabo da horta.
Autor: peke
Había tempo que non pasaba pola solaina. Canta actividade!
Fecha: 15/08/2007 19:31.
Autor: Paco Penas
Os telexornais contan ou queren contar nunha hora canto acontece nun día no mundo inteiro pero na querida Solaina, o tempo ten outro senso. De aí que no blog da Solaina sen conten as cousas sen presas...jeje.
Ogallá poidas coñecela, sería unha inolvidable experiencia.
Bicos sen condicións.
Fecha: 16/08/2007 13:00.
Autor: Mario
Fermosísima, e cando coñeces ao/s protagónista/s aínda cho parece máis. Unha aperta grande.
Fecha: 17/08/2007 16:08.
Autor: Manuel Busto
Ola Paco. Alédame ter noticias no Dorvisou. Moi oportuna a entrada que lle dedicas ao noso común amigo filántropo soñador Paco Lareo.
Outros soñadores coma ti reman no mesmo barco ca Paco Lareo.
Unha aperta.
Fecha: 17/08/2007 23:25.
Autor: tina oiticica harris
Fiz um teste de um pequeno parágrafo teu postado na Technorati .com. Ninguém soube advinhar corrup? e a outra palavrinha.
Venha visitar-nos, no Universo Anárquico!
Obrigada,
Fecha: 19/08/2007 11:54.