Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas que cheiraban a rio, a vida, sobor duns fentos verdes. Un pouco máis tarde el mesmo, tixola, tesoiras e unto na man, se dispoñía a brindarnos un tenderete para os nosos sentidos. Ás veces penso que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla ía desaparecer, debaixo das augas, dos malditos encoros...
0 comentarios