
A foto de hoxe non teño mais remedio que adicarlla a Manolo Busto. Ollando no seu blog atopei este post e como, xamáis dos xamáis na vida sería quen de describilas cousas con tanta propiedade como nos ten acostumado el, copio e pego.
"Hai cousa dun mes os castiñeiros mareleaban coa candea, que é así como se chama a flor do castiñeiro, da que logo nacerá o ourizo. Os castiñeiros perfuman os campos cun melífico recendo e os contrastes de verdes e amarelos engalanan aínda máis a donosura das súas copas"

Autor: Manuel Busto
Ola Paco: Gracias por concederme o don da palabra. Sen dúbida o da imaxe correspóndeche a ti. Magnífica foto na que resalta a candea de maneira moi especial.
Unha aperta con recendos de castiñeiro.
Fecha: 30/08/2007 00:02.

Autor: ERIC
Muy buena toma, la naturaleza siempre es un buen motivo para fotografiar.
Saludos
Fecha: 30/08/2007 11:23.
Autor: Zeltia
pois xuntando as palabras de manolo busto e a tua foto fanche un bo armónico
Fecha: 13/09/2007 12:10.
Autor: Zeltia
bueno, como me dixeches que podia usar as tuas fotos, puxen unha nun foro no que participo ( http://server3.foros.net/OChiringuito.html )
pero sin facer linking eh, ;-) e dixen que é tua.
E que esta do castiñeiro justacheme ben
Fecha: 13/09/2007 12:29.