EsTaMPaS MaRiÑeiRAS

veleiro_2


Kruzenshtern">
veleiro


Russian barquiñas
Quero ser um marinheiro , sulcar o azul do mar
vaguear de porto em porto até um dia me cansar... (Rui Veloso)
Pois aínda disfrutarei uns días máis destas velas estampas. Ata o día 19 o veleiro Kruzenshtern, xunto do buque Academik Sergey Vavilov, fondearan na bahía dos Cristianos. Un, que xa estaba acostumado só a ollar a chegada dos caiucos, ten agora a oportunidade de deleitarse
con estas portentosas chalanas rusas.
O veleiro Kruzenshtern e o segundo máis grande do mundo, mide 114 metros de eslora, os seus mastros miden 51.3 metros de altura e leva uns 179 persoas a bordo. A súa misión e grabar secuencias e localizacións exteriores para unha película de talla internacional.
Esperemos que sexa do agrado do noso amigo e crítico cinéfilo Pawley . Beleza nas estampas non lle ha de faltar, vamos... pensou eu.


09/10/2007 12:33

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Anónimo

E un barco ben bonito.. que magoa que non poida andar polo rio Ulla...alá polo pozo de Louridao.
Unha aperta

Fecha: 10/10/2007 00:43.


gravatar.com
Autor: pepe penas

O anonimo son eu

Fecha: 10/10/2007 00:45.


gravatar.com
Autor: peke

Impresionante.

Fecha: 10/10/2007 09:39.



Autor: Paco Penas

Pepiño, no noso Ulla, con tanto encoro, xa non se pode nen facer "rafting", manda carallo.
Ois, meu, estaba pensando eu, ¿e logo non se podía aproveitar esa forza da auga, no fondo do pozo do louridao para producir enerxía?, Seique , alá no fondo, eu non o vin pero contáronmo que as augas van tan tolas que se parecen as do tambor dunha lavadora.Eu non sei...

Peke, ¿que é impresionante, as fotos ou o veleiro? :-):-):-)

Fecha: 10/10/2007 11:17.


gravatar.com
Autor: Martin Pawley

Eu estiven nese barco! Amarrado a porto, iso si. O Kruzenshtern participou hai anos na regata de grandes veleiros que patrocinaba unha coñecida marca de whisky, e que en varias ocasións fixo escala na Coruña.

Fecha: 10/10/2007 11:58.



Autor: Paco Penas

Home, pode vostede facer publicidade. Eu só bebía Cutty Sark cando as regatas chegaban a Coruña :-)

Fecha: 10/10/2007 12:04.


gravatar.com
Autor: Ninsesabe

Unha auténtica preciosidade.
O mar é o que ten...

Fecha: 10/10/2007 20:34.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]