Blogia
DoRViSou

PRAIA DAS VISTAS

<center>PRAIA DAS VISTAS</center> ...Non sei, é unha parvada que vaias ao hotel, ao cabo es...
-¿ que son eu?
-...Home, es unha amiga, ¿non?
- Son a túa amiga. Supoño.Esta marca que tes no brazo, ¡de que vacina é?
- Nin puta idea, na mili púñannos en ringleira e chuzábannos aí cun combinado antitanque.
debe ser unha vacina contra o mundo.
-Estaría ben, unha vacina contra o mundo, contra a vida.
Contra que non te queiran. Que cha puxesen de nena e logo nada che fixese dano.
¿E esta cicatriz de que foi?- os seus dedos desceran e acariñan unha costura na pel do costado
-Apendicite_ incorporouse sobre un cóbado e ela sentiu o seu alento e a súa voz sobre ela-, Oes, tía, deixame que che mire a ti as cicatrices, tamén debes ter algunha ferida, ¿non?,paréceme que tes aquí uns vultos raros.
- xa vexo que estás quente, non che colla frío. Hai unha feridiña que precisa que lle des coidados. Quere aloumiños.
-¿E non quererá outra cousa? Teño aquí un músculo que ten unha tatuaxe que di:* Teño frio e busco abrigo*.
-Logo, primeiro dáme aloumiños, xa virá logo o músculo...
Hoxe tamén eu estou morriñenta, quéreme suaviño, Manuel. Estou rara. Non sei se é lúa chea ou que me está para vir a regra.

Suso de toro en Calzados Lola.

0 comentarios