Blogia
DoRViSou

aRRouTANDo...

<center>aRRouTANDo...</center>
Ollando fotografías dos grandes mestres de fotógrafos como David Hamilton, Fulvio Roiter, Bill Brandt... Cheguei a conclusión de que ademais de saber é sempre importante estar aí.
O mesmo que pensaba Fernando Pessoa cando lle escribía á súa queridisima Ofelia, aquelo de "como podería eu amar-te se ti non esistises ou como podería eu posuir-te se ti non estiveses nua, detras daquela pedra..." Bueno, máis ou menos.

7 comentarios

dorvisou -

Peke, intentareino anque estas vacacións teño o compromiso de estar coa minha mamaiña o máis tempo posible. Xa falaremos.

Muralla dos meus amores, tampouco esta nada mal deixar un marxen a casualidade. Algunha cousiña sei porque son moitos anos facendo fotos por puro pracer e ás veces sorprendome do resultado final, buscaba algo e atopo outra cousa que me deixa satisfeito igoal, tamén é certo que outras veces preparas algo a conciencia e remata nun fracaso. Vamos, como na vida mesma....

muralla -

Dacordo, pero o importante é saber...
Bicos. Muralla.

peke -

Ostras, Dorvi. No mes de xuño aínda andaremos por aquí, que o curso remata a finais. Ademais, cómpre buscar casa alá e iso non se fai en dous días. Avisa cando veñas, porfa, que quero demostrarche o que dá de si unha lingua viperina. ;)

dorvisou -

Si peke, si. No futuro terei que ir vela a Ribeira. I Eu que xa tiña pensado, no mes de Xuño, irme dar un garbeo e recordar de paso vellos tempos por Praia América, Panxón...
¡Eh, non a tome commigo tamén que xa sei que é vostede unha muller moi civilizada!
Bicos con moito sol.

dorvisou -

Meu querido amigo, aquel que dixo que as adversidades eran o camiño que nos levaba até a verdade, non estaba louco, non...jeje. Hai criaturas que viñeron a este mundo nun auxe de gloria, os seus camiños están cubertos de alfombras de terciopelo e os castelos cubertos de ouro, mais non son felices porque lles falta aquelo que fai máis humanos os demais, o sofremento.
¡ostia, como me levantei hoxe...!

peke -

Aquí unha lingua viperina (¿dixéchelo en serio?; quedei plof cando o lin) segue visitándote polo momento; veremos no futuro. ;)

pepe penas -

Tes toda a razón do mundo. A min gustariame saber....moitas veces estar estou...e cando estou fago a proba...unhas veces sae mal e outras peor. Como di unha das leis de Murphy: o que pode sair mal remata saindo mal.
Unha aperta