oS RíoS GaLeGoS

Río Arnego-4
Voume aproveitar do *meme das oitos cousas para postear un día máis. Na primeira "memez", como introito, esbocei unha pincelada chea de morriña e nesta segunda oportunidade quero rescatar do álbum da minha vida, unha estampa dos nosos ríos.
E para escomenzar, nada millor que uns versos do meu paisano Xosé Neiras Vilas:
"Río da minha infancia,
auga e nenez que non retornan.
Río meu para sempre."
Si, tes razón Xosé, a auga e a nenez non retornan, non. Quen retornaban eran os salmóns do Ulla cando os había.
Eu, que tamén nacín nunha aldea solaina dun río gardo no rexistro da memoria os máis belos sons das augas cantareiras río abaixo.
Sen esquecer das minhas queridas fontes, nais de tódolos ríos, onde tantas veces bebín auga delas nas cunchas das minhas mans.


Hoxe adícolla foto do río Arnego ao seu paso por Tuiriz, a Secundino Lorenzo , o mesmo que fixo o amigo Manuel Busto de Aquam Latam , fai uns días .
Secundino Lorenzo, a quen non teño o gusto de coñecer persoalmente, pero si teño o prazer, de disfrutar do seu traballo nesa irrefutable paixón polos ríos galegos. Un home que, de non haber nacido home coido que non lle importaría ser unha troita e vivir no río Arnego por ser este, un dos ríos galegos menos contaminado.
¡Longa vida aos ríos galegos!
07/11/2007 04:40

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Espero que o chegue a saber. De seguro que se emociona.

Fecha: 07/11/2007 10:56.


gravatar.com
Autor: Zeltia

¡As fontes! dixeches a palabra máxica... non sei por qué as fontes son tan feiticeiras para min. Podería ser porque do rio Ulla dende a miña ventana non se vía mais que a néboa que rubía do fondo do val, en cambio as fontes eran o sitio de lecer: para porse ó fresquiño no vran, beber despois de moito correr, coller rás, estomballarse nos prados que adoita haber á beira. E ir buscar un caldeiriño cando na casa saía pouca por a villa da auga unha excusa perfecta para xuntarse cos outros rapaces e tardar tres horas é media... e lojo non terás tí por ahí unhas fotiñas de fontes?. Eu vou poñendo ás veces algunhas no meu blog, pero e que eu non son fotógrafa nin nada, e só que me justa prender os instantes.

Fecha: 07/11/2007 17:01.


gravatar.com
Autor: paideleo

A páxina de Secundino Lorenzo é unha das millores páxinas que hai en galego.
Boa escolla.

Fecha: 07/11/2007 23:35.



Autor: Paco Penas

Peke, ás veces non fai falla coñecer a xente físicamente para crer nela. A min xa me pasou contigo :-)

Claro que teño fotos de fontes, nacin nunha aldea de corrupiñas e corredoiras, de muiños, de moitas fontes... Á estas horas a minha cabeza é unha fonte que mesmo pinga..jeje

Fecha: 08/11/2007 04:37.



Autor: PaideUxio

A min non me impresiona tanto este océano que me aisla como aquel río que crucei por primeira vez nunha barca cadrada, polo pozo de Louridao, arrastrada pola forza viva dun adibal dende a outra orela.
Secundino é unha desas persoas imprescendibles para a saúde da terra.

Fecha: 08/11/2007 04:47.


gravatar.com
Autor: Manuel Busto

Sempre impresionante o Arnego. Aquí en Toiriz, entre as pontes e co ollo atento da túa cámara está soberbio.

Fecha: 09/11/2007 12:33.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]