Blogia
DoRViSou

QuéRote, Meu BeN

Uxio

Hoxe, terceiro post das minhas oito cousas, que por H ou B acho de menos neste desterro voluntario, teño presente a un rapaz do seu tempo.

Chámase Uxio, pola graza do señor do Caurel, estudante das novas tecnoloxías no campus de Elviña , socio do Playa Club e membro non numerario da real Academia do botellón na praza do humor...

Naceu nun Hospital de Santiago de Compostela sen avisar nunha noite de lúa chea... medrou aos poucos cada día ata sacar o carné de conducir. Como estudante na súa primeira etapa sempre aplicou a lei do mínimo esforzo, sendo unha prioridade na súa vida, aprobar denantes que saber:-) . Agora, conscente da lei da gravidade, que sempre nos está empurrando cara abaixo, soña que as semanas teñan oito días e os días vinte e cinco horas para acadalo sumum da felicidade.

Como pai, síntome tremendamente agradecido e querido. Atrás quedan tempos de discordia onde eu percibía indiferencia naqueles acenos involuntarios que ao fin e cabo, non deixaban de ser un proceso máis da crianza. Unha das cousas que xamais esquecerei será aquela tarde, na que confuso e arrepentido da minha conducta represiva, se así se pode chamar, refuxieime na azotea da casa a chorar como un desconsoladiño despois de releer "cartas ao pai" de Kafka. Un libriño que, sen lugar a dúbidas, pode sarabullar até a pel dun burro.

E nada máis, só dicicir aos máis imberbes, que un pai non nace, un pai faise día a día ata morrer .

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

12 comentarios

Paco Penas -

Sinceiramente,meu fillo, a minha vida sen ti, non sería a mesma. Hai cousas que non se contan moitas veces por pudor pero están ahí sempre presentes. Disfruta moito da vida e non deixes de loitar por ser un home de proveito :-)
Un millón de bicos.

Uxio -

Ser pai pode selo máis fermoso do mundo pero tamén ás veces debe ser moi complicado. Sobre todo cando esquecedes que vos tamén fóstedes nenos. Penso que sodes como nenos grandes pero sen vixilantes nin ninguén que vos ordene nada,...sen anxo da garda.
Ti dis que un pai non nace, faise día a día e eu digo que un fillo xa é fillo antes de nacer...Eu tamén che quero moito e sabes que estou moi orgulloso da familia que teño.
GRACIAS PAPA!!

Paco Penas -

Martin Pawley, Ti sabes moi ben dos meu padecementos e limitacións para escribir. Ás mesmas dun coxo para correr :-)
Un bico ben merecido.

PaideUxio -

Pedro, el cando sexa grande quere ser coma min, pero para ter un fillo como el:-)

Martin Pawley -

Posts coma este demostran non só o ben que escribe vostede, senón tamén o bo home que é. O fillo ten a quen saír, abofé que si.

paideleo -

Gustoume este posteo.
O teu fillo pode estar orgulloso de ti.

Paco Penas -

Manuel, unha persoa que non queira aos fillos é que tampouco se quere a el. Os fillos son coma un cacho de carne que che arrancaron de ti, coma un enxerto de bacelo que prendeu e agromou...

Manuel Busto -

Amor de pai emotivo e exemplar. Terceiro meme e por riba nos Pendellos de Agolada. Felicidades e apertas, Paco.

Paco Penas -

Aurora, As sensacións dos pais son moi semellantes, despois está a interpretación de cada un.
Un bico.

Graciñas peke e Suso.

peke -

Precioso post.

aurora -

sintome reflexada en parte no teu escrito, un bico
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres