CuaRTo oSCuRo

faro

Foi alí, na Torre de Hércules, nunha marabillosa mañá da sempre alegre primaveira. Pero desta vez non foi con ela, tirado na herba e mirándolle aos ollos como saltou a chispa do amor. Foi na azotea da Torre cunhas acuarelas...

Gustábame a pintura, mesmo me apuntara nun taller na calle da Torre que era onde vivía. Aquela mañá subira á torre para pintar non sei que. Ao fondo, Santa Cristina, Bastiagueiro, o faro de Mera. Máis preto a cárcere, Monte Alto, Riazor, San Pedro de Visma... aquelo era tan inmenso como imposible de pintar para min e preferin deixalo como estaba. Nacendo desta frustación e impotencia o meu interés pola fotografía. Xa vivía cun dos grandes artistas nunha casa que parecía un grande cuarto oscuro, Santiago Mato e Cesar Dopico, así que, non era difícil contaxiarme do entusiasmo desta xente, nesta outra aventura. A fotografía axudoume a descubrir un marabilloso mundo arredor e dentro de min mesmo, a mirar, a soñar... Agora mesmo, a minha vida sen a fotografía sería como un libro sen letras.

 

 

 

 

15/11/2007 13:17 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: zeltia

Es que la fotografía es magia. atrapa un segundo que ya pervive para siempre en tu memoria. No cambia, ahí sobreviven hasta las miradas de los muertos.

Fecha: 15/11/2007 14:15.


gravatar.com
Autor: peke

A fotografía é moito, incluso mentira.

Fecha: 16/11/2007 09:48.


gravatar.com
Autor: Ninsesabe

Ben di Zeltia que a fotografía é maxia, por iso non dou unha a dereitas, que a min nunca me saían os xogos de maxia...
E tamén atina Peke, dijo eu, en que ten aljo de mentira. E dende que hai Photoshop, xa nin che digo...je,je,je

Fecha: 16/11/2007 10:54.


gravatar.com
Autor: Manuel Busto

Xa temos outra cousa en común: o noso pasado coruñés. A min marcáronme para sempre: a muller, as fillas, os primeiros destinos no traballo, os amigos, o mar, as rías... e a fotografía.
Aínda a boto de menos hoxe. Mañá intentarei estar alá.
Saúdos.

Fecha: 16/11/2007 11:58.


gravatar.com
Autor: paideleo

Gústame a fotografía como a ti e a cámara dixital é un invento marabilloso.
Ti tés unha man especial para a fotografía que xa quixera eu ter...quizais co tempo...

Fecha: 17/11/2007 22:07.


gravatar.com
Autor: O Raposo

A fotografía ten algo máxico. Atrapa momentos, imaxes, xestos, que doutra forma esvaeríanse para sempre, e deixaos aí, como nun mundo sen tempo, pero o alcance de todos.

Fecha: 20/11/2007 23:35.



Autor: Beatriz

menos mal que se che deu por andar a turrar da fotografía, sen ela os meus ollos quedarían sen descubrir, por exemplo, un xardín de vides abrazadas á vida ou as soidades dos que simplemente miran perdidos o mar.
unha aperta, paco e a seguir retratando(nos).

Fecha: 25/11/2007 11:00.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras contra la leucemia y el Iniciador Zaragoza (networking entre emprendedores).