
ZooM
Creo que a fotografía, como outras maneiras de expresión, precisa doutras linguaxes para enriquecerse e potenciarse, non hai regras nin límites. Só paixón e loucura.... Vari carames
Vari Caramés, con quen compartin tantos momentos sen cámaras polo Orzán, está nun dos momentos artísticos máis doce. O seu xeito tan particular de enfocalo mundo, rematou por atopar un espazo no limbo reservado só para un cantos elexidos.
Varí Caramés é un home que traballou arreo e case sempre contra corrente. Un home ao que non lle gustan os traxes novos, como el di...e que foi capaz de atrapar un soño alí onde non había nada e de construir un mundo onde a fotografía e a poesía camiñaran da man aínda falando distintos idiomas, lonxe das modas ou novas tendencias..
As súas fotografias veñen de inaguralo festival internacional de fotografía, Fotoencuentros 08 en Murcia e tamén están presentes na galeria SCQ de santiago de Compostela.
Autor: Julio Pulido
Buena composición en contraluz, me gusta el ambiente que consigues con ese suave desenfoque del cielo.
Un saludo.
Fecha: 07/02/2008 20:23.
Autor: Paco Penas
Tampouco nada tes que envexar ti a outros que escriben libros como os teus e viven deles :-)
Esto é unha feira, se sabes vender, acertas.
Bicos, meu ben.
Gracias Julio, voy a ver con que nos sorprendiste hoy. Gracias por la visita.
Fecha: 07/02/2008 21:37.