ZooM
Cando chegou o verán, algún desalmado nunha acción imperdonable plantoulle lume ao monte ....e agora, cando aínda non chegou a primaveira e no medio dunha paisaxe desoladora, uns almendros xa nos bríndan con frores todo o seu esplendor.
NaTuReZa Sabia, xenerosa e superior.
Autor: Paco Penas
Descubrín o encanto dos almendros fai dous anos, é un espectáculo, un agasallo para os ollos.
Fecha: 08/02/2008 01:45.

Autor: Manuel Busto
Excelentes fotografías as que nos vas ofrecendo día a día. Esta dos almendros é marabillosa, porque fala do prodixio desa natureza desprendida que devolve tesouros a quen lle rouba a vida.
Unha aperta, estimado Paco Penas de Dorvisou.
Fecha: 08/02/2008 12:14.
Autor: Paco Penas
Ninguén mellor que vostede, pode falar con máis propiedade destas cousas. Por ser amante da palabra e tamén amante da natureza :-)
Fecha: 10/02/2008 12:34.