CoMiGo MeSMo...

Churrería

Deixoumo escrito fai uns días un mestre " que debería traballar nunha temática e non sair de aí". Algo como, reconstruir con certo criterio e orde o meu cuarto escuro. E coido que ten razón porque pensandoo un pouco, agora, cando xa me quedan poucos sacramentos que cumprir, teño a sensación de que aínda non rematei o álbum da primeira comuñón. Como se di popularmente "ando mamando na rolla de atrás".

Terei que buscar alimento para o meu espíritu máis alá da propia nitidez ou espello das cousas. Intentarei penetrar na trastenda da alma para fotografiar con poesía o mundo dos soños. Esgazarei roupas e as carnes nas silveiras dos camiños trepando rocas e valados, se fai falla, para reinventar a festa.

Por intentalo que non sexa, xa teño ganas de sentarme a falar con ese artista que disque levo dentro :-)

 


 

02/03/2008 11:12

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Discrepo do teu mestre porque me gusta a túa variedade temática. Non lle fagas caso e sigue disperso.

Fecha: 02/03/2008 15:06.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

Concordo con Peke hai moito para onde mirar...

Unha aperta artista.
:)

Fecha: 02/03/2008 22:25.



Autor: Paco Penas

Bueno, os tres tedes moita razón :-)
O que si teño por certo é que mirando os traballos doutros, aprendes.
Un cesto de bicos.

Fecha: 03/03/2008 13:00.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]