Blogia
DoRViSou

THe eND...

 

Unha das cousas que máis boto en falta na minha vida é unha experiencia relixiosa, porque aquelas tardes das catequesis dos Domingos, non deixaron de ser un preludio das ultimas tardes con Teresa. Os primeiros escarceos amorosos, os primeiros pitos de fume, os paseos na lambreta pola Piñor abaixo... e sobor de todo, aquela desgarradora e tentadora sensación de transgredir a "graza de Deus" detrás das rapazas,despois de confesarse os primeiros venres de cada mes.

Agora, que xa choveu de carallo, só me importa a espiritualidade da carne... que como lin nun blog fai uns días," Deus non precisa de intermediarios", que cando quere falar comigo, baixa ao cabo da horta e aprétame as carabillas.

Voume a dar un baño...

 

 

 

 

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Carlos Sousa -

A catequesis, "por Dios" xa non me recordaba,que tempos aqueles, por un lado a confesarte e por outro a facer trastadas.

Supoño que che prestaría a sesta na veira do río, que envexa.

Un saúdo.

Meris -

Que recordos me trouxeron estas imaxes. De cando meus pais me "arrastraban" a misa o Corpiño. Non é que eu sexa moi devota de esas cousas, pero como despois ibamos comer o churrasco a Casa Pablo da Goleta... En realidade esto último creo que o facia meu pai para que me costase menos levantarme un domingo para ir a misa...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres