
A foto é propiedade de Iria, está prohibido copiala ou publicala sen autorización dela, xa sabedes...
ZooM
Os tazos xa están pasados de moda, agora o que mola son os tapóns das botellas....Isto foi o que me contestou a minha filla cando lle preguntei, a que viña esa febre por xuntar tapóns de botellas.
Unha boa alternativa para combatir a crise. ¡ Lastima que ZP non a escoitara antes de ir á Washington!
Por outra banda, decirlles aos meus amigos, que a minha presenza no blogomillo até as vacacións do Nadal, vai a ser máis ben con contagotas por falta de tempo, nunca por desinterés ou apatía, que conste, eh. Unha das minhas alternativas contra o efecto provocado pola crise ecónomica do mundo foi ocupar ese tempo libre do que dispoño, en actividades que me permiten ter a mente ocupada e non deixarme atrapar por esa negra sombra. Acabo de rematar un curso de macromedia dreamweaver e mañán luns escomenzo un taller de curtos de video, enmarcado nas actividades do VII Festival de Cortos Playa Las Américas Arona 2008.
Así deste xeito, o mundo móvese e eu tamén.
Bicos e apertas para todos.

Autor: peke
Está ben que enchas o tempo con actividades interesantes, pero non nos abandones.
Fecha: 17/11/2008 10:24.

Autor: Carlos Sousa
Home, millor que os tazos son, e as chapas das cocacolas ou cervexas tamén. Meu fillo tivera unha época que traía cada bolsa chea delas para casa, que xa non tiña donde metelas.
Si é por superar a crise, benvida sexa a medida.
Fecha: 19/11/2008 11:56.

Autor: a rapaza do arco
eih! pois nada máis ver a foto pensei xusto niso, na morea de utilidades que lles sacabamos eu e mais o meu irmao aos tapóns para xogar :D
Ter a imaxinación que fai falla para facer das cousas cotiás xoguetes ou algo especial é xenial, e a foto quedou moi moi chula ;D
Teremos entón que conformarnos con verte menos por aquí pero seguro que eses cursos de vídeo tamén nos han traer algún beneficio aos amigos, que despois fas cousas chulísimas :) Unha aperta
Fecha: 22/11/2008 04:16.

Autor: Hikari
Hola Galego !!! como le va la vida hombre! , yo por aquí ya voy chapurreando algo , estos tíos son muy majos y estoy encantado , ademas viendo el panorama por ahí , mejor no vuelvo , aunque me llamen antipatriota.
Un abrazo muy fuerte desde donde dicen que nace el sol y si tiene ocasión salúdeme al Manolo.
Fecha: 27/11/2008 10:44.
Autor: beatriz
oes, paco, ¿ti non te lembras dos tapóns das botellas de viño coes? cando eu era pequena eran un ben do máis prezado para todo o colectivo feminino, eles bebían e elas quedaban co plástico.cortábaselle a parte superior e quedaba un aro de plástico que valía para facer gancho. ¡cantos tapetes non haberá nas casas con esta técnica!... logo chegou o mundo do consumo e autoconsumirse e xa ninguén ganchillaba.
Fecha: 29/11/2008 14:52.