IMG_0016

ZooM

Si, o conto da leiteira, iso mesmo foi o que pasou. Primeiro pensaba xuntar un grupo de fotógrafos amateurs para criar unha asociación, máis tarde iríamos pedir as portas do concello, do cabildo, da caixas e dos ricos. Pero xa se sabe, estamos en tempos de crisis e a executiva non saben, non contestan... polo tanto tiven que tirar de catro empresas pequenas para montar o meu circo. Catro amigos que están dispostos a invertir en "culturilla", sen máis compromiso que o persoal, porque a publicidade que vamos a xenerar coido que non vai a reportar grandes beneficios nos seus petos.

E agora a traballar, organizar a primeira exposición colectiva e a moverse para que o mundo non pare. O de traballar por amor ao arte rascandose os bolsillos, non deixa de ser un acto un pouco egoista, anque todo elo sexa  para dar saída a certo pruido que non atopa acougo.

Seguirei contando...

08/03/2009 21:02 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Barreira

Rascarse os bolsillos por facer algo que nos gusta é sempre egoista. Pero todo o mundo ten que pensar en si para poder pensar nos demais. E ahí estará a xente que disfrutará de todo o que fai a xente por amor ao arte egoistamente.
Interesame esto que contas, ¿de que vai?.
Saudos

Fecha: 09/03/2009 14:58.


gravatar.com
Autor: Sergio

Unha foto ben bonita. Cando volvas por Galicia hasme de dar unhas clases... bueno era pa deixache este regaliño http://www.airadixital.es/vic/?p=432 para que rías un pouco e un video sobre as eleccions galegas.

Fecha: 09/03/2009 16:51.


gravatar.com
Autor: Carlos Sousa

Cando un pon interés en facer algo que verdadeiramente lle gusta, sempre atopa a forma de conseguilo, aínda que che pechen portas ou pense que é egoista.

Xa contarás entón, agardo as exposicións. Por certo a foto nova da cabeceira, moi boa, notáseche a ledicia con esa paisaxe.

Fecha: 09/03/2009 18:10.


gravatar.com
Autor: Suso Lista

Preciosa foto, si señor. Pois sea o que sea, espero que che vaia moi ben. Xa irás contando.Aperta

Fecha: 09/03/2009 23:34.



Autor: Paco Penas

A minha idea é seguir facendo exposicións pero sen ter que gastarme tantos cartos. Quero conseguir uns marcos axeitados, unhas medidas de 50x70 para unhas fotos de 30x45 e conto para elo coa axuda dunhas empresas que van ser as colaboradoras do proxecto. Despois irei buscando xente para facer expos colectivas e ir dando os primeiros pasos para facer unha asociación de fotógrafos aficionados.
Deste xeito, só preciso afrontar os gastos da ampliación de cinco ou seis fotos e non trinta como viña facendo nas últimas expos e montandoas en found, que si sae caro, caro...
Apertas e bicos a todos.

Fecha: 10/03/2009 02:20.


gravatar.com
Autor: peke

A foto é ben linda. Que vos vaia ben.

Fecha: 10/03/2009 12:23.


gravatar.com
Autor: Chousa da Alcandra

Boh, hai pruidos que somentes un pode rascarse dese xeito que dis.
(Sei de que falas; e ainda que ás veces podas sentirte un parvo...se miras como o disfrutas ti, decataraste de que iso non ten prezo!!)

Fecha: 12/03/2009 16:18.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros