Blogia
DoRViSou

O SaNTo MaNoLo No CuMe Da MaDaNeLa...

IMG_2627 

Despois duns días noutras berzas non cabe máis peito que disculparse polo abandono desta humilde cova. Un cambio na minha rutina do día a día fíxome baixar os biorritmos e  ata pensar na posibilidade de pechar durante uns meses o blog para adicar o tempo a outras actividades. Tempo para postear sempre teño, pero onde realmente se me vai media vida é nesa peregrinaxe de blog en blog... a outra media vida váiseme traballando :-)

E agora, que madrugo para camiñar cada día pola fresca para ir preparando ese treito do camiño de Santiago dende o Cebreiro, non podo quedarme polas noites neste recuncho vicioso. De tódolos xeitos tentarei exprimir aínda mellor o tempo para non deixar de facer isto que me gusta e quero.

Por certo, hoxe deixo a foto inteira da cabeceira, o meu irmao da alma, Manolo de Turces no cume da Madanela, empapándose de terra e néboa. Ao fondo, máis que un río, un encoro... O Ulla culebreándose antre Circes e Ollares, Touro e Vila de Cruces, A Coruña e Pontevedra.

 

 

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

6 comentarios

Paco Penas -

Meu Paquiño, tamén quero unha foto tua na Madanela, en cirolas, na punta da capela...

O Ferreiriño de paxariñas -

Queixo dos de anates da guerra, platiño voador, fermosa visión extraterrestre do noso Manolo dende o coto da Madanela. que aproveite.

Paco Penas -

Carlos, o meu traballo non é oficina, uns días dez horas e outro doce. E o peor de todo é que aos 46, recén cumpridos, xa vai un sentindo a necesidade de durmir un poco máis, cinco ou seis horas non son dabondo.

Paideleo, os mesmos desexos para ti, de todos os xeitos espero que, ao marxe da asiudidade, sigamos véndonos virtualmente moito tempo.

Mer, os soñadores somos quen de atopar sinrazóns debaixo das mesmas pedras. Do que non teño dúbidas e que se pode vivir como galego en calquer parte do mundo, ao mellor lonxe da terra é cando afloran os máis belos sentimentos.
Bicos a TODOS.

mer -

Cando estás un tempo lonxe da terra, ao voltar sentes unha aperta especial que che enche dun confort utópico

paideleo -

De cada vez parece que nos queda menos tempo a todos para facer o que nos apetece.
Que o pases ben facendo o que fagas.

Carlos Sousa -

Está ben. Media vida peregrinando de blog en blog, outra media vida traballando; é aínda che queda tempo para camiñar polas mañáns, para peregrinar ata Santiago, para pasalo ben (supoño, que tes pinta diso)... Cantas medias vidas tes?

Unha aperta
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres