Blogia
DoRViSou

TERRA DE TRASDEZA

<center>TERRA DE TRASDEZA</center>
ZOOM

O RIO TOXA NA FERVENZA DE PAZOS



Ata hai poucos anos, só os buscadores de wolfram,
algúns lugareños e os corticeiros daquela zoa
eran os privelixiados de contemplar tan delongada beleza paisaxistica.
O río Toxa déixase caer a cachón desde unha altura de uns cincuenta metros
formando deste xeito a máis fermosa fervenza da Galiza do interior.
Agora pódese chegar ata o pé delas cáseque en coche
ou ir ao mirador que está ao outro lado do rio.
O melhor xeito de chegar alí é dirixindo-se dende Silleda
pola carretera que vai ata Vila de Cruces
e apartando nunha desviación cara a aldea de Pazos.
Tamén tedes moi preto o Mosteiro de Carboeiro que data do 1171
e que se atopa noutro marco incomparavel para a contemplación ou meditación.
E para rematar, unha visita a minha benquerida SOLAINA DE PILONHO
Bueno, xa tedes unha ruta para perder-vos calquer día pola Galiza máis profunda.


0 comentarios