Blogia
DoRViSou

AGRI-cultura

<center>AGRI-cultura</center>
Os armadanzas liberan os seus corpos das toxinas da herba seca.


Despois dunha curta folganza pola terra escomenza aquí unha nova andaina polo blogomillo.
Un feixe de novas fotos esperan no caixón da memoria. A maioría delas posuidas por un avezado instinto de perpetuar o espíritu do movemento Agropop-art, meténdome en pendellos na procura de vellos apeiros da labranza ou mesmo nos porrales das veciñas na procura dunha leituga en topless ou do xaramago encantador.
Bueno, xa vos contarei...

2 comentarios

dorvisou -

Co fácil que sería facer un fotoblog sen ter que decir nada. Será que se calo, estoupo coma unha castaña o lume sen dentada.

paleón -

...pois a diante adiante, que esas cousas non fiquen esquecidas...