o TiZóN Do NaDaL
O TIZÓN DE NADAL«É un cañoto grande dun árbore , que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de España. En Cataluña vén ser o que chaman tió, no que baten os nenos da casa para que lles boten dulces, que os pais meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos» ( Texto recollido por D.Ramón Otero Pedraio)
Desexo, de todo corazón, que pasedes unhas boas festas e que o ano 2005 sexa un ano de moitas luces e que ós nosos politicos non se lle dé por implantar os dez mandamentos nen aumentar os sete pecados capitales.
Paco Penas de Dorvisou.
8 comentarios
siloam -
bicos mil
muacss.
:))))
muralla -
Apúntome a iso de servir de abono a un carballo...e na miña casa xa o saben...
Unha aperta, boas vacacions e muitos, muitos bicos. Muralla.
dorvisou -
Onte chamoume un dos reises magos dende Madrí para decirme que até mediados de Xaneiro non vai vir a Tenerife. E teño que esperar porque polo prezo merece a pena, podo aforrarme uns seiscentos euros anque estos días poderíaa disfrutar a tope.
muamuamuamua
dorvisou -
O meu fillo con dazoito anos cústalle crer que os seus avós non tiveran tv, nen coche,nen visa.
dorvisou -
peke -
¡Felicísimas festas, Paco Penas! (A ver se cae -nas súas mans- esa réflex dixital). :)
siloam -
Felices fiestas!
bicos mil.
pepe penas -
Boas festas e bo ano
Unha aperta.