Blogia
DoRViSou

PaNCHiTo TaMén eRa GaLeGo...

<center>PaNCHiTo TaMén eRa GaLeGo...
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:

—Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco...(CaSTeLao en CouSaS)

9 comentarios

Jordan Trunner -

Thanks so very much for posting these, they are excellent! So bummed I missed what looks like a truly unique evening.

dorvisou -

peke, Así ando eu que ás veces unha perna vai para un lado e a outra para outro. E xa non che digo nada da cabeza. E difícil vivir en armonia anque eu podo pacer aquí e ser doutro lado.Non vou sofrer por estas cousas.
2005 bicos e 5002 apertas.

dorvisou -

Siloam, eu pensaba que as fustracións eran cousas dos adultos.
Boa noite para noitevella.

dorvisou -

Mad, non quero pensar o desprecio que lle adicarian a maioria dos politicos de hoxendía, se vivira Castelao.
Moitos bicos con cóchegas larpeira.

peke -

A primeira vez que lin este contiño, o primeiro que pensei foi que viña confirmar o que eu xa pensaba: "Un non é de onde nace, senón de onde pace". Bicos e feliz 2005.

siloam -

menuda fustración llevaba yo de pequeña cuando los indianos no llevaban traje blanco.
Lindos panchitos, como mi abuelo.

mad -

Castelao, menuda maravilla de hombre, qué envidia de prosa.
"El hambre y las ganas de comer"... como tú y yo... besos de tornillo muy atornillaos y con lamboadas

dorvisou -

¡Ay mi madriña, que fixen eu!
Estaba a ler os comentarios e vin dous igualiños de muralla, polo decidin borrar un e desapareceron os dous. E ver, vin-nos, eh. (xúrovos que hoxe ainda non bebín nen grolo)
Cousas do perello, que non colle nen vacacións polo Nadal.

Falaba de Castelao e tamén como Pepe da morriña, da emigración.
Por sorte, hoxe as condicións nas que vivimos moitos dos que estamos fora da terra non é a mesma que fai cincuenta anos. Anque ben sabemos que sempre hai casos onde se xunta a fame coas ganas de comer.
Coñezo das penurias dos emigrantes porque son fillo de emigrantes i eles no seu tempo non tiñan a mesma oportunidade que temos hoxe outros. Eles fixéronno por necesidade i eu, a verdade, e que case non o sei.
Bicos e apertas para Pepiño e Carmiña, que cada un pille do que máis precise.

pepe penas -

Panchito ainda que non era desta terra tiña moi metida no seu corpo e puido retornar a ela.Moitas familias galegas de seguro teñen algún parente que non tivo a oportunidade de volver, e o seus sonos quedaron para sempre enterrados nunha terra que non os recoñecía coma fillos.