Blogia
DoRViSou

MuRMuLLoS e BuRBuLLaS

<center>MuRMuLLoS e BuRBuLLaS</center>

Aquí está a primeira foto da nova Canon D20. Queda inagurado este novo pantano...


Metido e sometido neste enredo da fotografía e a pintura cheguei a estes murmullos fotográficos de Frank Baquet e ó comentario tan puntual de Severino pénelas que fixo dos voos das bolboretas e caramelos de plástico, das pinturas, do meu irmao da alma Paco Lareo.
Son dúas opcións moi válidas para argumentar o meu traballo de hoxe. Ese fío que separa a realidade dos sonos...
A primeira foto dixital da minha, aínda incomprendida e amada, cámara de fotos. Foi hoxe pola tarde, fai un pouquiño...eso é a fotografía, unha instantánea, non hai porque esperar a mañá.

9 comentarios

dorvisou -

No, se o final ides conseguir que non volva a postear :)
Podo confesar que tendes boa culpa todos da minha inspiración. Xa non podería facer máis fotos só para gardar nos caixóns.
Grazas parroquia.

Luis Muiño -

Xa pasaba moito por eiquí...mais agora xa teño unha razón de peso: ver si podes quitar fotos mellores ca primeira. Non vai ser doado, non...É moi boa.

dorvisou -

Non vai ser doado,non. Eu con intentalo xa teño dabondo. Onte,nun xornal deportivo, recordábanos Irureta, adestrador do Deportivo Da Coruña, unha célebre fraseciña que dicía, "hice lo que pude" que sería como lle gustaría a el que o recordasen. Pois eu, o mesmo, nen máis nen menos.

Óscar, as mellores son aquelas que nunca se chegan a sacar porque non tiñas a cámara a man. Fas moi ben levala sempre contigo.

Óscar H. -

Esta é das mellores.

peke -

Longa vida a este pantano.
A estrea é magnífica; vas ter que superarte día a día, e non ch vexo doado. :)

dorvisou -

"Imaginate" lo que me han gustado a mi esos labios rojos. Lástima me da no tener la oportunidad de poder fotografiar los de miss Lleida,una tarde de relax como la que tengo hoy.(es que mi compañera está con aquí hay tomate, tv, a vueltas)
Gracias por todo.

imaginate -

Me ha encantado visitarte porque me flipan las imágenes de este sitio

Un saludo

dorvisou -

Aos cuarenta disfrútanse moito esos momentos da éxtase sublime. Se te descoidas vólveseche acedo o caldo.
¡Noraboa polas túas fotos. Esta semana atopei moitas e boas no blogomillo. Ímos ter que facer o noso photofriday.

dorfun -

...da confusión placenteiro-dolorosa da primeira vez, chegarán momentos de perfección e éxtase sublime...

...agardamos por todos...