Blogia
DoRViSou

<center></center>
Si peke, está un pouco retocada. Esta que aquí che deixo é a orixinal.
Cando revelaba en BN disfrutaba moito sombreando ou manipulando dalgún xeito as fotos. Unhas veces ás coloreábamos un pouco con acuarelas ou ás virábamos con productos químicos. Agora,con estos fabulosos programas de fotografía podes facer até milagres e senón que lle pregunten aos asesores de imaxe de Manuel Fraga...jeje.
Tampouco quero dicir con esto que todas estén retocadas porque a calidade que me ofrece esta cámara dixital é boa, aínda tendo en conta que descoñezo moitas das posibilidades que me ofrece.

2 comentarios

dorvisou -

jaja...encántanme os teus mimos.
Se queres non teño problema en facer pública o número da conta corrente.
Grazas e moitos bicos.

peke -

As dúas son preciosas. A de abaixo semellábame un chisco artificial, de aí a pregunta. A de arriba, esta, é máis sombría, máis morriñenta, transmite cousas distintas.
Maestro, imos ter que facer unha colecta para pagarche a cámara polo pracer que nos dás.
Bicos.