Blogia
DoRViSou

GaiTRoPoS

<center>GaiTRoPoS<center>
Ao mesmo tempo que recibo o "testikulo" de dorfun aproveito para presentar en sociedade unha das frores do meu xardin.

Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:
Pois uns cincoepico XiGaS, que comparada coa carpeta das imaxes é máis ben pouquiña.

Último disco me comprei:
Fai uns dias, ía paseando e vin nun escaparate dunha tenda "Amigos" de Carlos Núñez. Non é doado atopar música galega por este recuncho do Atlantico e moito menos usual comprar música nestes tempos que corren.

Canción que estou escoitando:

Inescapable de SuRaBHi. Unha voz impresionante que me recorda moito a Madrededeus, moi relaxante para escomenza-lo día.

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:

-"A paixao" de Rui Veloso e "Dunas" de G.N.R (por tantas e tantas razóns...)
-"Negra Sombra", en calquera das súas versións, e toda a música galega en xeral.
-Calquera balada de Eagles, Led Zepelin, Bon Jovi, Boston, Scorpions, Santana...(Ufff, como se nota que xa cumprín os cuarenta)
-"So long" ou "Suzane" de Leonard Cohen. (aínda hoxe alucino...como cando fumaba porros detras do palleiro)
- Desde fai uns dias "fala povo, fala" xa é como unha mosca detrás das orellas...jeje

5 persoas ás que lle paso o testigo:
Bueno, bueno...ímos ver, en primeiro lugar a Manoliño dos tirantes, ¿que oirá este pobre home? ¿as campás tocar a difunto? Costa dos Arrieiros asombr8-s a sempre querida Muralla e a, nunca mellor dito, Caladinha

¡Ah!, falando de música, tamén teño que dicir que me encanta o hip-hop, ¿como non vou gustar do hip-hop se na minha casa soan vintecatro horas o día os violadores do verso, nach scracht ou supernazamacho?...só faltaría

3 comentarios

mad -

Só para deixarte moitos beixos
(ay que seguro que escribí alguna catalanada)
A ver si así mi santamadremuralla se anima y contesta, voy a contarle...

dorfun -

...deleitenos un día cuns versos hiphopeiros, entón!!! ;P

peke -

¡Caralliño!