SeMeNTe Da TeRRa
Hai homes que mercan unha illa para ser felices. Hai outros homes que lles chega con ter un muiño.
Xosé Taboada é un deses que para ser feliz non precisa dun camión ou dunha parcela na lúa.
Un home que vive na parroquia de Cumeiro, Vila de Cruces,
en armonía e agradecido a esa terra onde se criou.
Un home que traballou arreo na vida para dar uns estudos as súas fillas e manter unha familia.
Emigrante nos seus tempos máis mozos, albañil de profisión, artista de corazón.
Pintor, escultor... e poeta de silenzos e grandes soños.
A súa casa é un verxel en pleno corazón do Deza,
centos de esculturas de madeira e pedra deixan sen palabras a quen se achega a ela.
Unha galería acocha numeradas unha morea de obras de arte talladas en madeira,
outra galería, como un museo , nos permite facer un percorrido a través do tempo para amolecer a alma.
Ese muiño, que aparece na foto, é unha das súas grandes paixóns,
un muiño propiedade dos seus devanceiros.
Restaurado coas súas propias mans e do seu mesmo peto.
O muiño foi inagurado polo alcalde do concello anque como el dixo
" a placa de mármore conmemoradora do feito tívena que pagar eu tamén"
¡Vivir para contar...!
4 comentarios
Paco Penas -
acedre -
Paco Penas -
acedre -
Ogalla houbese mais coma el e menos coma ese alcalde.