Blogia
DoRViSou

aS MauS Que iNCHaRoN o Río GRaNDe De FoRNeLoS


o Río

ZooM

As maus que incharon o Río Grande de Fornelos

navegan arestora polas pedras resecas

e teñen os ollos todos cubertos de noite

sen luz nin esperanza algunha para a deshora,

cando o sismo rompa as previsións e alcance o récord

do tremor sobre a códea da Terra que mancaron.

 

 

As maus que daban couto ao camiño natural

das augas mansas, crucifícanse en Serra Armada

e piden clemencia polo estrago e a traición.

 

 

Pero endexamais o gromo da cerdeira nova

que a penas alcanza un metro enriba da agonía

e a sobreira que deu pel para a casa de abellas

e o carballo do San Ramón que case era músico

e a Pedra da Laxe dos magostos e os iconos

protohistóricos e o fume branco da mañá

que anuncia xente en acordar e ánimas de almorzó

e a figura da nai abrindo a porta do ceo

para o can, as vacas, a egua, os porcos, as galiñas...

 

de certo nunca entenderán nada do que foi culpable desta morte e non se cagan en Deus

 

 

Xosé Vázquez Pintor en Banzados (I Premio Uxío Novoneira)

0 comentarios