Blogia
DoRViSou

NoN é PReCiSo LeR NaDa, aBoNDa CoN VeLa FoTo...

<center>NoN é PReCiSo LeR NaDa, aBoNDa CoN VeLa FoTo...</center>
Nestes dias de vacacións ao levantarme sempre subo a azotea para darlle os bons dias as prantiñas e o noso señor Teide. Mesmo pensaba ir a darme un baño a praia pero cando vin aquel carapucho do Teide todo nevadiño, baixei a todo meter , collín o coche, a cámara e...claro, esto pásame por vivir nunha Illa tan agradecida, cando non hai vendaval ou chove que trona.
Subindo ao Teide atopei con sol e outras veces con néboa, o día prometía mentras ía escoitando a Mercedes Peón e a Brat. Xa no Teide, había moitas nubes que viaxaban dun lado para o outro como si estivesen de mudanza, ás veces mesmo tiña que quedarme pensando mentras se apartaban para que Lorenzo me iluminase. Saquei fotos ata que se abarrotou a tarxeta, o mesmo que facían os pescadores de troitas cando picaban e tamén cando había rios e troitas, claro está. Despois baixei polo meu monte da Esperanza, ás veces chovía, saía o sol e mesmo non se vía a carretera da néboa...Cheguei ata Guamansa para almorzar na casa do millo, ensalada de salmón e aguacate, potaxe de berros e un bacalao fresco con mojo verde e batatas, unha caña, un pouquiño de viño e...
¡Joder, como se nota que estou de vacacións, con tanto rollo xa me olvidaba de colgala  foto!

7 comentarios

Paco Penas -

Home J.Manu, andabas por aquí, ti sempre a deshora. Boa estirpe os de Monte Alto...!!!

jose manuel -

algunha desas nubes pasou por aqui,esa era a internet dos abos. unha fotaza dasme envidia polas vacacions, pola comida que che metiches
e polo que viches ala enriba
debes estar a pasar unhas boas vacions disfruta ti e os teus, boas festas, eu subirei a monte alto. sorte ca exposicion seguro que triunfa un abrazo

Paco Penas -

Graciñas ruliña.

Marinha de Allegue -

A foto é expléndida.
;)

Paco Penas -

Disfruto da libertade, é a cousa máis impresionante das vacacións, anque ninguén me pode librar de certos compromisos lúdicos e gastronómicos, é o que ten ter un fatos de amigos.
Saúde Pedriño.

Dorfun, sigue soñando, máis non esquezas que tes o caldo ó lume.
Ti non sabes con cantos programas intentei facer galerias de fotos, ás veces chego a facelas e despois por culpa de non ter un momento para que me explique o meu fillo como subilas polo FTP, quedan en nada.
A ver agora que estamos os dous de vacacións se o facemos.
Boas festas e a coidarse dos parvos.

dorfun -

...agardo o día no que podamos andar cos pes no ceo... e soñar mirando ó fondo do mar...

...coidese rei, e faga unha galería coas fotos da exposición, please!...

acedre -

Vaia fotaza !!.
Desfruta desas vacacions ben merecidas.
Un saudo.