Blogia
DoRViSou

eSTaMPaS oF GaLiZa

IMG_2279

O xornal anunciábao: nubes na cabeza para hoxe e mañá, con neboas ao mencer...Séchu Sende en Made In Galiza


¿Porque será que os galegos temos fama de andar coa cabeza nas nubes, ho?

8 comentarios

Mercedes Seixo -

Que libro tan maravilloso o de Séchu Sende, precisamente acabo de recoméndalo no meu blog...bikiños

Paco Penas -

Meu Pepiño, ¿e que sería de nos sen paraugas?. Para os galegos o paraugas é como unha articulación máis ou tanto sirve como arma de defensa, como punto de apoio, como para indicarlle o camiño a un descarrilado :-)
Unha forte aperta.

pepe penas -

De cando en vez vanse sin dicir adeus, derretense e só nos deixan as suas bagoas

Paco Penas -

Xa o vexo, as nubes para os galegos son algo máis que nubes.Cada galego ten unha nube na cabeza :-)

paidelo -

Eu penso que é lóxico: temos os pés para andar por terra firme, as mans libres para traballar e amar e a cabeza no alto e cerca do ceo para soñar.

Marinha de Allegue -

Se me dis que na foto aparecen uns indios río abaixo créocho ben...

Unha aperta galega
;)

peke -

De alta voltaxe son as túas fotos, Paquiño. Non te preocupes polo outro que era para meterme contigo despois da túa pequena maldade. Ademais, a estas alturas non che me escandalizo con facilidade, meu, que xa son cincuenta sobre o lombo. ;)

Manuel Busto Galego -

Evidentemente as nubes están riba das nosas cabezas moitas veces. Outras, somos tan ousados que nós mesmos nos metemos dentro da nube. Vivir nas nubes pode ser sinónimo de vivir en Babia.
Benditas nubes que adornan o ceo sa túas fotos e o horizonte das nosas miradas.
Moitas apertas, Paco