EsTaMPaS RuRaLiTaS
Se non se queixa a terra cando lle esnaquizan un río ou un monte, nen se queixa a terra cando cando lle esfolan a tona e lle rouban os diamantes... tampouco me vou a queixar eu.
¿Que pasou?...pois que fun ao dentista e dixenlle que quería facer unha limpeza de boca
e o home rematou por quitarme tódolos dentes.
Dixo que era a mellor limpeza das posibles.
Agora toca esperar, aprender a comer, a rir, a falar, a calar...
A reconstrución será unha tarefa longa e custosa, implante de oso, tornillos de titanio, e os dentes pedireille ao doutore, que xa postos, sexan de granito "rosa porriño". Din os entendidos que son os mellores para atacarlle ao churrasco.
5 comentarios
Paco Penas -
Quérovos moito.
O Raposo -
Manuel Busto -
Da foto gústame a gama de cores que xuntaches.
Saúdos e unha aperta.
peke -
En canto aos dentes, eu puxen varios implantes no 2007 e estou encantada; o proceso é longo e caro pero paga a pena, así que moitos ánimos. :)
Meris -