Blogia
DoRViSou

eN BuSCa e CaPTuRa...

policialocal

 

En busca e captura está o noso amigo Pepe Penas de Dorvisou que xa fai unha boa tempada que non revule pola Costa Dos Arrieiros. Desde que cobra dos fondos do estado e non pega golpe xa non aparece nen a tomarlle uns viños cos amigos pola taberna de Baldomero. As últimas novas que se teñen del é que lle roubou o coche os policias que o intentaron deter. Dixeron uns testigos que os policias lle berraron !Alto, maos arriba, queda vostede detido! e o Pepiño, aproveitou ao erguer os brazos para apuntar ao ceu e decirlle ¡ mirade, mirade, cantos paspallás voando!.... e aproveitandose da inocencia dos gardames, ata hoxe.

 

Moitas grazas, Pepe, pola foto. Calquer día tuneo o meu FIAT PuNTo co nome de DoRViSou.

 

 

 

6 comentarios

Ninsesabe -

o dito: erelodemomaior. Levaba un tempo sin pasar por aquí, e, como sempre me ocurre, hoxe vou empachar de fotos boas.

pepe penas -

Bueno...podese dicir que desaparecido desaparecido non estou; cando pasou o do coche xa facía tempo que non andaba polo Blog. Estou collendo folgo para volver outra vez. A Costa dos Arrieiros, e eso unha costa; hai que subila o xeitiño...vou seguir collendo folgo unhos dias.
apertas

Lídia -

Gracias por tu comentario, en la foto de las barcas, el dia 28 de este mes ara justamente quarenta años, jo y yo con el mismo, y bien, diria que bien, sólo que eramos dos y ahora somos seis y un perro. Me encanta tu blog, tienes un gran sentido del humor y haces fotografias muy bonitas. Hasta pronto. Lídia

thirthe -

ja, eu tamén teño un fiat punto (bermello!)

todas as fotos son estupendas, autodidacta ou non...:-)

peke -

Grandioso o fotoxó.

paideleo -

Si que anda desaparecido. O blogo do Pepe foi o primeiro que liguei e ata recibín axudas del neste mundiño do blogomillo.
Normalmente tardaba en postear pero desta volta tarda de máis. Espero que sexa por unha boa causa.