Blogia
DoRViSou

GaLiZa LeiT MoViT

 

IMG_0582

 

ZooM

Aquela mañá, aínda na cama, xa estremecera de sensacións. O corpo, sen querer, ía preparandose para o día grande da festa. Mesmo podía percibir como unhas cantidades indefinidas de bilis xa ían acumulando na visícula para intervir no caso dun atracón.

Eu percibía que algo descoñecido estaba facendo non sei que. Eran unhas forzas sobrenaturais as que turraban de min para levitar o meu corpo no ar e porme deseguida en pé. Abrín as contras da ventá, aínda era de noite, chovía...pero eu sentía a necesidade de liberarme daqueles pesadelos que me atrapaban na desesperación.

Pechaba os ollos e escoitaba no inconsciente o bravido do mar e o ruído das olas bater contra as polainas dos pescadores na procura do polvo para o grande banquete da minha felicidade. O vapor das potas de cobre xa chegaban á min, o mesmo que o cheiro á pólvora . Todo elo enchéndome de razón.

... E que para certas cousas, sempre se precisa de moita devoción

OCorpinho 013

ZooM

 

 

4 comentarios

Paco Penas -

Xa sei onde comiches os primeiros polvos. Agora, tamén sería da minha curiosidade saber onde botaches os primeiros :-)
Un aperta tan grande como a moura.

pepe penas -

Eu tamén teño choro da saudade. Esa xente comendo faime lembrar da casa do Rouco, nas Cruces. Ali comin os primeiros polbos.

Paco Penas -

Falaba vostede, non fai moito, do choro da saudade. Pois aí ten, lonxe da minha Galiza, aínda son quen de sonhar en "días estranhos" :-)
Saúde e terra, mestre Lemos.

Pedro Lemos -

minha devoção à comida é mesmo inabalável! :)