Blogia
DoRViSou

Contrastes

a ReCePCióN DoS SeNTiDoS...

A recepción dos sentidos
É de noite e fai frio. Ao lexos percibes unha luz. Achégaste a casa e ves unha chimenea acendida e a unha parella bailando a través dunha ventá,
pero non escoitas a música
Así, deste xeito chegou alguén a facer unha definición do que era a fotografía. Non lembro quen...pero paréceme subliminal.

Non aos móbiles...

IMG_6345-1

Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”.


Unha das minhas curiosidades cada vez que "inicio sesión" é darlle un repaso as novas que aparecen nos meus favoritos de google, e hoxe chamoume moito a atención este artigo de Barrapunto ¿ Poderían ser os móbiles a causa do mal das abellas? . Coñecidos eran outros problemas que afectan ao reino destes pequenos e interesantes insectos e que deberían poñernos en alerta aos humanos pero de aí, a que os móbiles tamén teñan culpa dese desacougo das abellas, non deixa de ser preocupante e máis tendo en conta a sua importancia polinizadora en moitas especies vexetais que nos sirven de alimentos.
O meu interese pola apicultura ven dun cursiño ao que asistin fai moitos anos, impartido por Suso Asorey , un home dos que máis sabe do mundo das abellas na Galiza  e que me contaxiou paixón por esta fermosa comunidade...
Pois xa sabedes, un motivo máis para negarse, coma min, a levar un móbil.

Coa Crus ao lombo...

IMG_7371
¡Joer, coa guerra santa ...|
un pouco máis e quédome sen folgos, menos mal que hoxe xa é Sábado de Gloria.
¡Ah..., por certo, esperádeme aquí, que vou felicitar a minha mamá .

e oS LuNS ao SoL...

DSC01079

Pessoalmente, nada tenho a confessar sobre sexo, além do fato de que o pratico quando tenho vontade, quase sempre com outra pessoa... (Fernando Gabeira)

Eu son un cazador de imaxes, disparo a todo aquelo que revule ao meu lado.
Lástima de que non me invitaran a xantar...eran dúas.

Cousas de MoRFeo...

ux_1
Era unha praia longa de areia negra e nela xogaban uns nenos, o soño era en blanco e negro pero a pelota era de cor amarelo....

aTRoPeLo, FeiSMo...

Palmar

Anque a foto non sexa o que parece, tampouco estaría mal
para un concurso de feísmo ou denuncia.

o QuiXoTe (Versión galega)

Apocalypse now_2

Os montes galegos ben poderan ser o millor escenario para unha nova versión do Quixote.

Apocalypse now

eSPeLLo MáXiCo eN JuaN FLoReZ

IMG_19052

Claro está, que elas non podian entender que facía eu alí...

a FLoR De PeTRuS

SSL20198


Poden crerme, eu xamais o faría, que a primeira cousa

que chamou da minha atención foi esa flor de petrus...


MaNiQuí...ReXouBeiRo

<center>MaNiQuí...ReXouBeiRo</center>
Inspirandome un pouco no blog de Sergio dicidín sair a rúa na procura de instantáneas e nada millor para rompela timidez que os ventorrillos dos Domingos nos Cristianos . Nunca me sentín cómodo fotografiando na rúa, prefiro perderme pola natureza anque desta vez no mogollón sempre atopas máis posibilidades de pasar desapercibido. Eu, frente a frente da xentea, acáñome...
non son quen de dispararlle a ninguén.

Opá...vamo a por er mundiá

<center>Opá...vamo a por er mundiá</center>

Os espanhóis, os espanholitos, xa parece que non son uns caracóis, uns caracolitos...

aRRouTaNDo...

<center>aRRouTaNDo...</center>
¡Se a arruga era bella o movemento tamén é arte!
...Ao mellor son dous xeitos diferentes de prolongala  descomposición

SoCieDaDe CoNSuMiSTa...

<center>SoCieDaDe CoNSuMiSTa...</center>
"señorita azafata
o menú fíxome dano,
sería vostede tan grata
de achegarme ao baño"...mecano
Pozi, un non pode chegar a darse conta da cantidade de cousas que se pode chegar a fotografiar. Unhas mereceran máis a pena que outras pero do que non teño dubida e que sempre hai que levar a cámara ata os lugares máis insospeitables...

JaTuS_SeRiaL

<center>JaTuS_SeRiaL</center>
Había máis jatus...É o que ten a fotografía dixital, despois da primeira todas son gratis.

aRTe Na Rúa ...

<center>aRTe Na Rúa ...</center>
"aRTe Na Rúa" posiblemente sexa o titudo da próxima exposición que faga no centro cultural do povo das Galletas_Arona .
"Pensando en verde" era outra alternativa, mais como non gusto das exposicións temáticas vou facela máis variada.
Estou traballando para completal as fotos con pequenas arroutadas. O problema é que as minhas arroutadas traducidas o castelan perden senso. Bueno, pérdeno se é que o tiñan, claro...

MáiS aRTe Na Rúa

<center>MáiS aRTe Na Rúa</center>
A estética aborda o difícil problema da beleza e da súa relación cos obxectos artísticos e destes coa natureza e o home.

aRTe Na Rúa

<center>aRTe Na Rúa</center>
Contaba unha vez Manuel Vicent que se de todo o universo un pensa en todo o que non precisa,
ao final só queda unha ensalada, algúns versos de Virgilio, unha contra verde dunha ventá,
unha parede de cal e unha tarde moi longa para leriar -eso dígoo eu- cunha amiga sobre nada en particular, mentras uns cans copulan na praia ...(Salvador Pániker en Caderno Amarelo)

o TReCe...De RaMoNa Do Rei

<center>o TReCe...De RaMoNa Do Rei</center>

¡Ah no, cifra fatal!... No humillaréis

el valor de Don Mendo; no podréis;

todos iguales para mí seréis...

¡Trece, catorce, quince y diez y seis!..
¡Ramona do Rei non era supersticiosa , non tiña malos agoiros, mais aquela pintura vermella sangrante...!

LeoNoR, LeoNoR...FRoiTo Do ReaL aMoR.

<center>LeoNoR, LeoNoR...FRoiTo Do ReaL aMoR.</center>
Éramos poucos e pariu a avoa...
¡Xa veremos como chegamos agora ao fin de mes!