Blogia
DoRViSou

Na LaReiRa

TaNaJaRa
Viños Canarios

Tanajara 2005

ZooM

TANAJARA 2005

O 70% da uva que se cultiva en Canarias é listán blanco, un 25% listán negro e nese resto dun 5% podemos contar ata un cento de variedades. Esto da unha idea do problema canario para intentar facer novos caldos. O caracter minifundista, aparte das súas tamén ancestrales prácticas na agricultura non axudan a pensar nun futuro doado para alcanzar maiores momentos de gloria. Mais tamén quero suliñar que hai persoas capacitadas traballando e acadando uns resultados notables.

Hoxe quero compartir con todos o soño de catar este Tanajara 2005 da Illa do Hierro, e digo soño cando me gustaría decir realidade. Terei que levarme unhas botellas cando me vaia a terra, porque ninguén dos meus amigos se decide a facerme unha visita :-)

Bueno, pois nese 5% temos unha uva que se chama baboso negro e do que as bodegas Tananjara do Hierro coa participación de bodegas Viñatigo da guancha, tenerife, consiguen un viño tinto que nos invita a reflexión, de que merece a pena levar a cabo esa recuperación de uvas auctótonas para seguir soñando con un futuro máis ilusionante. Parece ser que os romanos lle chamaban a esta uva "la enriscada" porque non chegaban a elas, ás veces tan só as cabras eran quenes superar os atrancos de barrancos ou peñascos. A falta de filoxera favoreceu que se conservaran tantas variedades de uvas através do tempo.

O TANAJARA 2005 é un viño pobre en sensación olorosas pero recupera alegría na boca, corto en nariz e largo en boca, para ser máis claro. Aceptables taninos, fruta madura e no que, Como cáse en todos os viños tintos canarios, a orografía volcánica da illa deixa boa identidade.


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

NoRa Da NeVe

IMG_0812

 

ZooM

Cando un cliente me pide un bon viño, teño por costume falarlle de economía. Non me chega con preguntarlle se o quere blanco ou tinto. Cáseque prefería que me dixesen " Paco quero cen euros de viño". pero bueno, teño a sorte de que o 90% dos meus clientes son coñecidos, cousa non doada nunha zoa turística e que me fai máis sinxela a tarefa de aconsellar ou sorprender. Máis difícil é ter que facer un maridaxe sen coñecer o "delincuente" anque para eso están as nosas supostas dotes de sicoloxía, din os decálogos.

En canto ao viño da foto que foi un dos meus últimos descubrimentos non podo máis que quitarme o sombreiro. Os meus viños preferidos son os tintos, pero neste caso atendendo os desexos da minha compañeira que prefería un viño blanco para acompañar unha parrillada de peixe e marisco, acabei máis que satifeito.

Nora da neve é un dos mellores viños blancos galegos, un viño blanco con crianza, deses oleosos que che vai marcando as olas do placer polas paredes da copa ao mesmo tempo que che deleita o paladar, non ten unha acidez pronunciada e garda como un tesouro esencias das froitas doces e maduras. Un viño que polo seu prezo, sobor dos trinta euros, está destiñado a ser partícipe dos momentos máis solemnes. Un viño que acompaña de marabilla arroces e peixes.
IMG_0819

DoRViSou No LaGaR...

IMG_4905

ZooM

 

Nesta casa acostumamos a escribir moito das cousas que non sabemos. Coido que sempre coa sana intención de aprender a escribir e a saber un pouco das cousas.

Como algo xa sabedes da minha alma taberneira quero compartir as minhas experiencias acumuladas tanto no exercicio do oficio como amante dos tenderetes. Prometo escribir máis dos placeres mundanos e profundar menos no trasteiro do ser humano :-)

Os meus primeiros escarceos no mundo do Deus Baco escomenzaron, coma todos os nenos da aldea, baixo a promiscuidade do pecado. Cando na minha casa había que ir a buscar viño, aí estaba sempre eu predisposto a enfilar a toda presa ata o fondo do pasillo, que é onde estaba o lagar e os pipos do viño. Xa denantes de encher o xerro daba boa conta do néctar dos deuses, nun trago largo sen folgo propio do libro guinnes. Cando chegaba co viño de volta a cociña decía con certa sorna meu avó " límpa os bigotes, rapaz..." i eu inocentemente, coa manga do xersei limpábame ao mesmo tempo que me relamía.

Este post adícollo a CaPiTuLo 0 en agradecemento por traerme até a minha diáspora tantos arrecendos primarios

Continuará...

PReMioS GaSTRoNóMiCoS DiaRio De aViSoS

IMG_7573

XXIIPremios Gastronómicos Diario de Avisos


IMG_7558

"era mi oportunidad
unos entran otros van saliendo
y entre el barullo
yo me cuelo dentro..."
Pois nada, que como dí a canción de Mecano...me colé en una fiesta
A min faríame moita ilusión recibir o premio, convocado polo concello de Lalin, de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro

pero bueno, como tamén lle pasou ao noso Camilo José Cela que lle concederon o Nobel denantes que o planeta, un non perde a esperanza.
Foi un pracer compartilo premio, os viños e os canapes con tantos amigos e agora, toca traballar con máis fervor se cabe para alimentar este orgulo de taberneiro.
O que si foi verdade é que nin así deixei de facer fotos , tan pronto como quedei liberado collin a cámara e disfraceime de camarógrafo
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

RiNCóN DeL aRRoZ

<center>RiNCóN DeL aRRoZ</center>
eMPeDRaT
L’empedrat é un prato que non ten nada que ver coa realidade política do País Catalán,
a non ser pola cantidade de ingredientes do que está composto.
Anque moitas veces cando ofrezo este plato a xente quedanseme mirando e din " xa estamos outra vez co estatut"
Os meus clientes sempre teñen sentido do humor. Comer ben, ademais de ser unha necesidade fisiolóxica, é unha boa terapia e tamén, como non, un gran prazer.
Bueno, pois xa sabedes onde...El Rincón del Arroz, Los Cristianos - Tenerife.
Outro día postearei sobor dos seus postres orgásmicos

PiCaDiLLo CoNTRaTaCa...

<center>PiCaDiLLo CoNTRaTaCa...</center>
TaRTaR oF TXaKa

Sen comentarios... ¡non vaia ser o demo que me pechen o blog por axitador de masas!

BoN PRoVeiTo...

<center>BoN PRoVeiTo...</center>
Eu tampouco como calquer cousa...
canta razón tiña aquel que dicía que os ingleses inventaran a sobremesa para esquencerse da comida.
Esta foto pertence a unha serie de fotos que estou facendo para expoñer no propio restaurant onde traballo . É un dos pratos que máis me gusta recomendar  pola sua presentación. Un carré de cordeiro de leite asado cunha salsa de romeiro e mel.
A vista é o primeiro dos sentidos que participa nesa comuñon entre o cliente e os manxares, sempre que o cliente non sexa cego, claro está. Tamén é onde un cociñeiro pon de manifesto a seu arte. Sempre digo, que un mal cociñeiro nunca deberá perder o tempo decorando un plato, ademais de mal cociñeiro sería tamén un insensato.
Espero que vos aproveite a todos...Amén

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres