Blogia
DoRViSou

Natureza

DeSeXo

<center><strong>DeSeXo</strong>
FOTO


Aqueles xeitos de felina engatusaron-me deseguida e
a quentura das súas mans incendiaron a minha curiosidade
por saber se chegarian a fundirse os nosos corpos abrazados...

AMISTADE

<center><strong>AMISTADE</strong></center>
FOTO


Só o cantarexar do río acompañaba a troula dos nosos pés antre a follaxe,
mentras paseaba en silenzo co meu amigo Manolo do Ferreiro,
no outono, cando o camiño que remeda o río está cuberto de follas secas e xeadas.
E foi el, despois dun tempo máis ou menos longo,quen alterou aquela armonía
que governaba a nosa esistencia para decirme que os nosos silenzos xa superaran
a barreira da comunicación para convertirse en sentimentos.

O MEOLLO DA CUESTIÓN

O MEOLLO DA CUESTIÓN
FOTO


Vexo, vexo...

Ti que ves?

Unha cousiña...

¿ Que cousiña é ?

RIBEIRA SACRA

RIBEIRA SACRA FOTO

Farase de noite
e volveran os morcegos, os sapos, as curuxas,
as píntigas e os feitizos das menciñeiras...
a bailar no meío do caminho.
Farase de noite
i este home esqueceráse do mundo
para sonhar coma un home-lobo
neste remanso de paz e olvido
caron do Minho.(na casa do muinho

OS CAMIÑOS

OS CAMIÑOS E somos nos quen lle poñemos nomes a toda-las cousas.
Quen dividímo-lo tempo en fraccións e a terra en fronteiras.
Si, somos nos, o home moderno quen co rexistro da propiedade,
fai esto teu, esto meu…

Elas... as máis fermosas

Elas... as máis fermosas Tenho a sensación......
de que, na vida, compenso a falta de moitas cousas contigo.
De que, na vida, hai sonhos que nunca se farán realidade
pero son como a luz dunha nova espranza.
Teño a sensacion.......
de que sempre vou na procura dos teus sorrisos
como querendo apreixar algo máis que un sentimento
nun secreto compartido.
Teño a sensacion.......
de estar vivo.

A pedra do rio

A pedra do rio Detras do outeiro, nunha pedra furada,
había un bacelo que o vello prantara.
Veu unha cabra e comeu o bacelo que o vello prantara,
detras do outeiro, nunha pedra furada...

Os elementos

Os elementos É coma unha ecuación antre a vida e a literatura,
sempre na procura da beleza
na terra, no mar e ata no ceu...

Ollares do tempo

Ollares do tempo Unha estampa da minha aldea.
Este é o decorado permanente do teatro onde lle dou vida ás ideas.
Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os sonos
e onde non houbo nenos progres nen haberá executivos.
Son filho de emigrantes, neto de caseiros....cando eu nacin o meu mundo xa estaba feito,
xiraba sempre para o mesmo lado. Moi pouco puden facer por cambealo.