Blogia
DoRViSou

Natureza

MARUXÍA

<center>MARUXÍA</center>
Ceos alternando nubes e claros con precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá nas Rías Baixas.Ventos do sudoeste na costa de Lugo. Pola tarde soprarán frouxos en todo o litoral e de dirección variable. Maruxía a marexada pola mañá e mar rizo a maruxía pola tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

VEXO CHOVER...

<center>VEXO CHOVER...</center>
Vexo chover a través dos vidros...
é de noite... e a luz do farol
reflicte no asfalto.

Un home enchoupado corre
costa abaixo na procura
de acubillo.

Vexo chover a través dos vidros...
escoito o son intermitente das pingueiras
sobre o frio pavimento.

O ruído dos motores cambia de rexistro...
motores diesel con turbos flamantes.

Vexo chover a través dos vidros...
e escribo estos versos mollados.
(Poema da minha amiga Machi Moreira)

DORVISOU

<center>DORVISOU</center>
Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os meus sonos

¿ A ÓNDE IMOS?

<center>¿ A ÓNDE IMOS?</center>
Os humáns cústanos moito asumir a mediocridade,
que coma un pano nos envolve.
Vivimos nunha aura de endiosamento que mesmo nos descoñecemos.
¡Que se paren as máquinas e reflexionemos!

OS MATICES

<center>OS MATICES</center>
Fágase a luz. E a luz fíxose.
Así de fácil, da nada, sen ensuciarse,
con só a forza da palavra...

O SUEÑARIO

<center>O SUEÑARIO</center>
Non, non é unhas das fotos enviadas a terra polo opportuny ou a sonda Marss Express.
Marte aínda non nos ofreceu esa paisaxe de tan abruptos cantís.

NO PAÍS DO CHICHARRO

<center>NO PAÍS DO CHICHARRO</center>
Reposo de descubridores,
premio de conquistadores,
refuxio de piratas e traidores,
cova de apaixoados amores.

TENDERETE

<center>TENDERETE</center>
¡Chiquito emboste, muchacho! ¡Que jartada!
Ahí o temos, abollado de papas con carne, arvejas e sancocho,
arrayando un millo na cas de bello.
Home desempercutido e desinquieto
sempre de boncho en boncho,
furrungueando...

SEGREDOS

<center>SEGREDOS</center>
¿No habéis sentido nunca el extraño dolor de un pensamiento inmenso que se arraiga en la vida, devorando el alma, la carne y no alcanza a dar flor? (Alfonsiña Storni). Pois, o mesmo me pasa a min...

SIMPLEMENTE MARAVILLOSO
( a cor do ceu)

<center> SIMPLEMENTE MARAVILLOSO <H6>( a cor do ceu)</H6><center>
Como aquel que renunciaba a vivir máis porque xa todo o soñara.
Así, estou eu , neste divino minuto da minha existencia,
despois de soñar que era o protagonista da minha vida .

ARMONÍA MUSICAL

<center>ARMONÍA MUSICAL</center>

A dulce melodía que empapa de suor os corpos dos amantes
non só é poesía.

FLOREIRO GALEGO

<center>FLOREIRO GALEGO</center>

...AMANHA VIRÁS, ANDARAS COMIGO A COLHER FLORES PELO CAMPO
E EU ANDAREI CONTIGO PELO CAMPO VER-TE COLHER FLORES. (Fernando Pessoa)

OS CAÑONS DO SIL

<center>OS CAÑONS DO SIL</center>
zoon


Non podo entender esa manía da xente
de dividilo todo en duas mitades e só para decir
esta para min i esta outra tamén...

REFUXIO DE VERDES_ RIO ANLLÓNS

<center>REFUXIO DE VERDES_ RIO ANLLÓNS</CENTER>
zoon


Na contemplación da natureza
pode atopar o home dos nosos tempos
a melhor terapia contra os males que acosan o mundo.
A necesidade do reencontro é cada día máis grande.

O PAÍS DOS ENCOROS

<center>O PAÍS DOS ENCOROS</center>
"Un plan hidrológico que no sea capaz de garantizar la presencia de nutrias
no debiera ser ni discutido" Miguel Delibes.


O perdido paraiso do pescador de troitas convertirase nun encoro.
A imaxen da foto é un reflexo do que lle espera a Galiza do interior para o futuro.
Neboa, neboa e máis neboa...só neboa

AKROLL_20

AKROLL_20
"Vivo coma nunha ilha sen pontes,
por onde non pasan barcos con amigos,
nen na proa , nen na popa.
Sendo a situación presente da minha vida triste e doorosa"

O meu diario xa non é un diario.
Aquelo que no ano 1982 prometia ser un caderno amarillo
rematou por ser unha pía de bágoas, un trasteiro das penas...

TOQUES

<center>TOQUES</center>
Tócaa outra vez Sam...
Parece decirlle Fraga ó alcalde de Toques.
¿Sabedes cal é o colmo dos colmos?
pois ese, ser alcalde de toques
e que non lle esté permitido toquetear.

TERRA DE TRASDEZA

<center>TERRA DE TRASDEZA</center>
ZOOM

O RIO TOXA NA FERVENZA DE PAZOS



Ata hai poucos anos, só os buscadores de wolfram,
algúns lugareños e os corticeiros daquela zoa
eran os privelixiados de contemplar tan delongada beleza paisaxistica.
O río Toxa déixase caer a cachón desde unha altura de uns cincuenta metros
formando deste xeito a máis fermosa fervenza da Galiza do interior.
Agora pódese chegar ata o pé delas cáseque en coche
ou ir ao mirador que está ao outro lado do rio.
O melhor xeito de chegar alí é dirixindo-se dende Silleda
pola carretera que vai ata Vila de Cruces
e apartando nunha desviación cara a aldea de Pazos.
Tamén tedes moi preto o Mosteiro de Carboeiro que data do 1171
e que se atopa noutro marco incomparavel para a contemplación ou meditación.
E para rematar, unha visita a minha benquerida SOLAINA DE PILONHO
Bueno, xa tedes unha ruta para perder-vos calquer día pola Galiza máis profunda.


OS CADROS QUE XAMAIS PINTAREI

<center>OS CADROS QUE XAMAIS PINTAREI</center>
Foi polo outono, vivía eu na calle da Torre con Santiago Mato(Touro) e Cesar Dopico(Narón), dous bons aficionados a fotografía, cando unha mañan, enamorado da luz, merquei unhas acuarelas para subir a Torre de Hércules para pinta-la paisaxe. Subín, botei-lle unha ollada darredor e quedei queto-parado, aquelo era incrível, imposivel de pintar.
Non tinha nen puta idea por onde escomenzar.
Os poucos días merquei a minha primeira cámara de fotos, unha Pentax MX de segunda man por 20.000 pts para seguir na procura daquela inquietude que aniñara en min.

DESAMOR

<center><strong>DESAMOR</strong></center>
FOTO


Pedíche-me naturalidade na linguaxe,
porque decías que o amor non precisaba das palavras.
I eu que non podía estar calado,
perdíame antre elas.
Fun para ti coma un muinho en vao...