Fai dous anos estiven na casa do pintor con unha tía del que vive en Santiago Estivemos falando del e ollando un amplo arquivo fotográfico do seu tempo. Pouco sei da sua obra, só que na casa hai algún cadro del e que a maior parte da sua obra reside en Madrid e na Habana. Falamos este pasado vran Paco Lareo e máis eu de facer un seguimento das súas andanzas e oxalá podamos contar coa colaboración tamén de Pepe Penas, con quen xa teño ganas de compartir un tempo real con el e coñecelo físicamente, xa que a nosa relación escomenzou no google. ¿ non si, Pepiño?
Estaba o mestre morrendo e mandou chamar un virtuoso múseco para que lle ensinase novos aires de flauta. Ante o desmesurado interés por aprender, un dos seus discípulos perguntoulle: Pero, ¿ para que quere aprender novos aires de flauta si vai morrer?. E o mestre contestou : Para eso mesmo, para sabelo cando morra.
D.Xosé María López foi o practicante de Vila de Cruces moitos anos. Ao xubilarse decideu facer realidade un dos soños que aniñaran na sua cabeza cando era neno e púxose, nada menos, que a contruir un observatorio para contemplar os astros e o universo. Iluminado no seu camiño pola sombra estelar de dous personaxes ilustres da comarca do DEZA como foron "o sabio de Lalin D.Ramón Aller e "o matématico de Bermés" D. Xosé Rodríguez púxose man a obra e escomenzou a construir o observatorio astronómico de Zarragrande sendo xa unha visita obrigada a todo aquel que se achega o concello de Vila de Cruces. Situado no monte da zarragrande, fronte o castro de Cumeiro e que até fai uns anos contaba co telescopio de maior alcance da Galiza. Estudia matématicas, lé revistas e libros de astrofísica e mesmo está a escribir as súas memorias. Memorias, que se nos antoxa a quen escoitamos da sua boca mil batallas libradas, moi interesantes. Un home desos imprescindibels para facer máis grande a hestoria dos povos.
O meu padriño Francisco do muñeiro de Ollares tamén lle dixo un día a minha madriña Aurora da casa do carpinteiro de Circes que quería envellecer o seu lado. ¡Que bonito!