PEPE DA ZARRAGRANDE
Ante o desmesurado interés por aprender, un dos seus discípulos perguntoulle: Pero, ¿ para que quere aprender novos aires de flauta si vai morrer?.
E o mestre contestou : Para eso mesmo, para sabelo cando morra.
Iluminado no seu camiño pola sombra estelar de dous personaxes ilustres da comarca do DEZA como foron "o sabio de Lalin D.Ramón Aller e "o matématico de Bermés" D. Xosé Rodríguez púxose man a obra e escomenzou a construir o observatorio astronómico de Zarragrande sendo xa unha visita obrigada a todo aquel que se achega o concello de Vila de Cruces. Situado no monte da zarragrande, fronte o castro de Cumeiro e que até fai uns anos contaba co telescopio de maior alcance da Galiza.
Estudia matématicas, lé revistas e libros de astrofísica e mesmo está a escribir as súas memorias. Memorias, que se nos antoxa a quen escoitamos da sua boca mil batallas libradas, moi interesantes.
Un home desos imprescindibels para facer máis grande a hestoria dos povos.
5 comentarios
pppnas -
dorvisou -
Dende logo que tiña razón quen decia que para trunfar na vida era preciso ter imaxen de loco e proceder de sabio.
Paleón: Achéguese vostede a Vila de Cruces e váise directamente a casa de D. José María López " Pepe o practicante" ou "Pepe o comunista". Unha casa que está na mesma praza do povo, antre o axuntamento novo e o axuntamento vello. Eu lle darei o seu tf. para que se poña en contacto con el para o encontro.
A verdade, amigo pawley, é que vostede facilitáballe moito a tarea coas perguntas que lle facía. Está claro que non hai como saber escoitar para acender a paixón dos que sempre teñen algo que contar.
Vostede xa pode ir só ou acompañado cando queira, tanto a Solaina de Piloño como o coto da Zarragrande. Será ben recibido, non hai dúvida. Eu espero poder estar por ahí no mes do Nadal.
Martin Pawley -
¿Cando repetimos a experiencia?
paleón -
dorfun -
...outra nota para a axenda!