
E logo, ¿Canto pides polos galos?
- Sonche vinte euros os catro..
Ti toleaches ou que?
-Se queres lévalos, e se non deixa-os
¡Oi que carallo! ¡Seique non mexaches hoxe, ho!
-Fóra, fóra de aquí. Que xa cheiras.
¿Eh? a modiño lercha, que che van saltalos dentes.
Veña, vinte euros polos tres e de regalo u outro.
-Está ben, está ben...léva-os e oxala che morran polo
camiño.
Mira que estás rara desde que non che baixa a regra?
-¡Oi que carallo,machiño! aínda me ás de querer foder na
feira
¡ Non ho!
-pois daquela vae rascalo carallo a outro lado ¿si?
Autor: Dorvisou
Descalza, neste caso poderíamos ata decir que un bo ataque é a millor defensa.
EMF, estos dous personaxes xa libraran máis dunha batalliña de amorios, alá cando florecian os pexegueiros, non cre vostede?
Nachok, Os comentarios sonche sempre reconfortantes pero o importante nesto das bitácoras debe de ser algo, coma bailar sen que che vexa ninguén.
Fecha: 06/02/2004 13:13.
Autor: Vendell
Polo runrun da conversa algo me din que non tiñan separación de bens. Porque eran matrimonio, ¿non sí?
Fecha: 08/02/2004 22:39.
Autor: Dorvisou
Vendell, as conversas dos matrimonios sonche coma códigos indescifravels. Nesta parella percibo unha atración sexual moi grande, rezuma pasión sen compasión. O sexo sen amor é unha animalada das boas
Fecha: 09/02/2004 01:45.