Autor: dorfun
...tiven a oportunidade de facer un traballo sobre o matemático Rodriguez, todo un precursor, pero vexo que a inquedanza galega exténdese... será xenética!?
...outra nota para a axenda!
Fecha: 05/08/2004 12:51.

Autor: paleón
...grandes os sabios dó Deza. Aínda non visitei o observatorio astronómico de Zarragrande, que camiño hai que seguir para chegar a el?...
Fecha: 06/08/2004 20:51.

Autor: Martin Pawley
Nunca esquecerei a tarde que pasamos escoitando a historia de Pepe da Zarragrande: a pérdida da súa fe na mocidade, o descubrimento do seu interese pola astronomía, as feridas da guerra, os anos que pasou en hospitais de Santiago...
¿Cando repetimos a experiencia?
Fecha: 07/08/2004 02:59.
Autor: dorvisou
Dorfun: A xenética non vai máis alá dos primos segundos, penso eu.Do contrario algo me tocaría.
Dende logo que tiña razón quen decia que para trunfar na vida era preciso ter imaxen de loco e proceder de sabio.
Paleón: Achéguese vostede a Vila de Cruces e váise directamente a casa de D. José María López " Pepe o practicante" ou "Pepe o comunista". Unha casa que está na mesma praza do povo, antre o axuntamento novo e o axuntamento vello. Eu lle darei o seu tf. para que se poña en contacto con el para o encontro.
A verdade, amigo pawley, é que vostede facilitáballe moito a tarea coas perguntas que lle facía. Está claro que non hai como saber escoitar para acender a paixón dos que sempre teñen algo que contar.
Vostede xa pode ir só ou acompañado cando queira, tanto a Solaina de Piloño como o coto da Zarragrande. Será ben recibido, non hai dúvida. Eu espero poder estar por ahí no mes do Nadal.
Fecha: 07/08/2004 12:32.
Autor: pppnas
Eu coñecía a Pepe o practicante, e ainda non sei si sería o o que me fixo as primeiras curas cando accidente da caseta. Poida que tamén coñecera a un irmán do meu pai, o que lle seguia en idadade, Xosé e que morreu en Madrid, estando co exército republicano.
Fecha: 21/09/2004 16:30.