
Autor: peke
Iso que se ve á esquerda, brillante polo sol, é un camiño, ¿non? Resulta moi evocador e suxestivo.
Xa non digo nada da foto, porque me repito coma o allo e dáme non sei qué. ;)
Fecha: 10/08/2004 00:37.
Autor: dorvisou
Ocorre que a foto non ten nada que ver co decorado que describo na arroutada. A paisaxe que ollamos na foto é o río Sil ao seu paso por Rabacallos(Parada do Sil). Foi sacada dende a ventá da casa rural O MUIÑO. Un lugar moi recomenda(ble)(bel)(vel) para os amantes da natureza,
e o río que molla os meus soños de neno é o Ulla ó seu paso antre Insua, Circes, Ollares...
Por certo, hai cousas que un non se cansa de escoitar. Repítete canto queiras, meu ben.
Xibe: Si, hai no meu cantar unha pequena doses de melancolia. Posivelmente esté a facerme un home...jeje
Fecha: 10/08/2004 21:17.

Autor: caladinha
E non falabades co Cuco, estoupabades alcloques, cazabades ghrilos, andabades en busca dos laghartos arnaos...? Nos caminhos que nos fixemos co avo habia algho de todo iso
Fecha: 10/08/2004 22:00.
Autor: dorvisou
E bebíamola auga das fontes nas cunchas das mans e descubríamos as artes amatorias baixo a promiscuidade do pecado e...tantas cousas máis
Fecha: 11/08/2004 02:32.
Autor: dorvisou
Que mo diga unha princesa non está nada mal.
¿Por onde andará vostede para botar de menos as cousas da terra?
Fecha: 11/08/2004 13:05.