Autor: dorfun
...vaia, volve o agro-maquinillo-art... e con forzas renovadas... se está visto que todos temos un alma inventora...
Fecha: 19/10/2004 12:23.

Autor: jaio la joía espía
El ingenio es un privilegio de mentes flexibles, en las que cabe cualquier roto para apañar infinidad de descosidos. Saludos Don Paco y felicite a su amigo el ingenioso.
Fecha: 19/10/2004 17:58.

Autor: pepe penas
En Dorvisou sempre houbo bos artistas e xente con inxenio. Preguntalle a Gloria se se lembra dos carnavais que se facían detrás da escola: Eu era moi pequeno pero lembro alguén con un paraugas sen o pano e con carozos cravados nas baleas..e dun que facía de doente e estaba deitado nunha cama..a auga de novello era quente no inverno e fría no vrán..algo tería que ver. ¿quen e o teu amigo do trebello?
Fecha: 19/10/2004 22:44.

Autor: muralla
Quedei ca boca aberta, ainda que me costa un pouco imaxinala de todo. O que non invente un galego no no inventa o demo.
Un abrazo.Muralla
Fecha: 19/10/2004 23:50.

Autor: peke
¡Caralliño co trebello! Non andaba falto de enxeño o teu amigo, non ho.
Fecha: 20/10/2004 20:04.
Autor: dorvisou
dorfun, para un aldeas coma min o agropop-art non é unha moda, mais ben é unha filosofía de vida.
Xoía de espía, al contrario, también encontramos gente especialista en hacer un problema de cualquier solución. Y que rabia dan, verdad?
Si Pppenas, antes a fantasía non era unha cousa que se comprara en botica. Até os nenos da aldea tíñamos que valernos do inxenio para xogar e si te descoidas, até para comer.
Unha aperta.
Fecha: 20/10/2004 21:16.
Autor: dorvisou
O demo, o demo... ¡ai, si eu che contara, muralliña.!
Acaso, ¿non sabes ti que o demo é medio galego, que cando o expulsaron do paradiso caeu ó abismo e quedou enganchado coas mans na terra, dándolle deste xeito vida as nosas fermosas rías galegas?
Depois, a hospitalidade dun galego fixo que se quedase antre nos e por eso din que cando os galegos acenden unha vela a un santo acenden outra o demo. Ou mesmo cando nas festas soa a múseca atrae o demo e deseguida se botan bombas de palenque para escorrentalo
¡cousas do diaño!
O que está claro é que pouco lle importa o que dirán, fai como vostede, peke...jeje
Fecha: 20/10/2004 21:22.
Autor: dorvisou
Nestes días non deixo moito rastro polos vosos blogs, mais non quere decir eso que non vos lea. A culpa é do meu fillo Uxio , que como só ten clases pola tarde non ten presas para ir a dormir. E pensar que vou ter que aturalo dous anos máis na casa....
Fecha: 20/10/2004 21:26.